Xosé Luís Baltar

político galego

Xosé Luís Baltar Pumar, nado en Esgos o 10 de outubro de 1940, é un político galego.

Xosé Luís Baltar
Nome completoXosé Luís Baltar Pumar
Nacemento10 de outubro de 1940
Lugar de nacementoEsgos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpresidente da Deputación de Ourense
Período1990 ata 2012
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Mestre, foi alcalde de Nogueira de Ramuín (1976-1995), presidente da deputación provincial de Ourense dende 1990, senador (1993-2000). Foi secretario xeral de Centristas de Galicia ata que ese partido se integrou no PPdeG, do que é presidente provincial.

En xaneiro de 2003 impulsou unha rebelión de deputados ourensáns contra o que entendía era unha deriva de "desgaleguización" do PPdG a raíz da destitución de Xosé Cuíña co gallo da crise do Prestige, ameazando con deixar a Fraga en minoría no Parlamento de Galicia.[1] Como continuación desta liña política, o 20 de setembro de 2004 comunicou a Fraga a súa intención de formar un Partido nacionalista de centro dereita sucesor de Centristas de Galicia, se non se lle daba total liberdade para formar a lista de Ourense para as eleccións autonómicas de 2005 e non se incluía ao defenestrado Cuíña nun posto digno na de Pontevedra. O 4 de outubro Fraga chegou a un acordo con el aceptando estas condicións.[2] En xaneiro de 2010 o seu fillo, José Manuel Baltar Blanco gañaba o XV Congreso provincial do Partido nunha pretendida reafirmación de autonomía e identidade galega e ourensá.[3]

O 24 de xaneiro de 2012, con 71 anos de idade, anunciou publicamente a dimisión dos cargos públicos que mantiña: presidente da Deputación de Ourense, deputado provincial nesa mesma provincia e concelleiro no concello de Ourense, quedando exclusivamente como militante de base do PPdeG. Foi substituído por José Manuel Baltar Blanco.[4]


Predecesor:
-
  
Alcalde de Nogueira de Ramuín
 
1976 - 1995
Sucesor:
José Eugenio Galindo


Predecesor:
Vitorino Núñez
  
presidente da deputación de Ourense
 
1990 - 2012
Sucesor:
José Manuel Baltar Blanco


NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar