Rosendo Fernández
Rosendo Luis Fernández Fernández, nado en Salvaterra de Miño o 23 de marzo de 1954, é un médico e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1954 (70 anos) Salvaterra de Miño, España |
Alcalde da Merca | |
1987 – 1996 (dimisión) ← Manuel Vázquez Outeiriño – Manuel Vázquez Outeiriño → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Traxectoria
editarLicenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Sanidade en Ourense, é máster en Administración e Xestión Sanitaria pola Universidade de Vigo. Presentouse ás eleccións municipais de 1987 na Merca encabezando a candidatura da CPG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde logo das eleccións de 1991 por Centristas de Galicia e 1995, xa polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. Foi director de Atención Primaria en Ourense de 1992 a 1996. Dimitiu como alcalde en 1996 cando foi nomeado director provincial do SERGAS.[1] En 2000 foi nomeado subdelegado do Goberno en Ourense permanecendo no cargo ata o 2004. Foi elixido deputado do Parlamento Galego nas eleccións autonómicas de 2009 e foi portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular. Secretario xeral do Partido Popular de Ourense, dimitiu como deputado en 2011 para presentarse como candidato á alcaldía de Ourense.[2] Foi elixido concelleiro e deputado provincial. Foi vicepresidente da Deputación de Ourense. Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como número dous nas listas do PP ao concello da Merca,[3] e volveu ser elixido vicepresidente da deputación.[4]
Predecesor: Manuel Vázquez Outeiriño |
Alcalde da Merca 1987 - 1996 |
Sucesor: Manuel Vázquez Outeiriño |
Vida persoal
editarCasou cunha filla de Elisa Nogueira Méndez.[5]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 25-7-1996, p. 36.
- ↑ Rosendo Fernández opta a la Alcaldía de Ourense con un equipo renovado
- ↑ Rosendo Fernández se asegura un puesto de edil para optar a la Diputación. www.laregion.es, 15/04/2015 (en castelán).
- ↑ Baltar renovará a Rosendo Fernández como vicepresidente da Deputación. www.lavozdegalicia.es, 05/03/2015.
- ↑ Elisa Nogueira no teme perder el puesto por el alta del ex portavoz del PSOE
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fernández Fernández, Rosendo Luis". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.