Manuel Martínez Núñez
Manuel Martínez Núñez,[1] nado en Baralla o 12 de setembro de 1954, é un mestre e político galego do partido Galicia Sempre.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de setembro de 1954 (70 anos) Baralla |
Alcalde de Becerreá | |
2007 – ← Antonio Fernández Pombo | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
14 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
9 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Partido político | Galicia Sempre |
Membro de |
Traxectoria
editarÉ diplomado en Maxisterio e licenciado en Pedagoxía. Vinculado ao PSdeG-PSOE dende 1979, foi deputado no Congreso dos Deputados na III e IV lexislaturas (entre 1986 e 1993).[2]
A nivel local foi concelleiro de Becerreá entre 1995 e 2007, ano en que pasou a ser alcalde nas listas do PSdeG-PSOE. Revalidou o cargo en 2011 e 2015, este ano con maioría absoluta. Para as eleccións municipais de 2019 creou un partido ao redor da súa persoa, Galicia Sempre,[3][4] co que acadou a maioría absoluta na alcaldía de Becerreá.[5] Nas eleccións municipais de 2023, malia gañar con 5 concelleiros por 4 do PP e 2 do BNG, baixou 2 concelleiros e perdeu a maioría absoluta anterior.[6] Conseguiu ser alcalde mais os grupos da oposicíón xuntaron os seus votos para deixalo sen adicación exclusiva e, por tanto, sen soldo.[6]
Actividade na Deputación Provincial
editarEntrou a formar parte da Deputación de Lugo en 1999 e foi deputado provincial polo partido xudicial de Lugo, na que ocupou a Área de Infraestruturas e Obras.[7]
En 2015, tras un veto do BNG a que se convertese en presidente da Deputación, o PSdeG-PSOE designou como candidato a Darío Campos, alcalde da Pontenova. Diante desa circunstancia, Martínez votouse a si mesmo na primeira volta e na segunda votou en branco, o que facilitou que o PPdeG acadase a presidencia da Deputación de Lugo na persoa de Elena Candia.[8] Aos catro meses, volveu á disciplina socialista e facilitou unha moción de censura para que Darío Campos se convertese en presidente da Deputación e el mesmo en vicepresidente e responsable de Vías e Obras.[9] Posteriormente, abandonou o PSdeG-PSOE por segunda vez, quedando como deputado non adscrito.[9]
Notas
editar- ↑ www.elcorreogallego.es (ed.). "Regidores en la provincia de Lugo". Arquivado dende o orixinal o 03/02/2012. Consultado o 18/12/2010. (en castelán)
- ↑ "Martínez Núñez, Manuel". Congreso.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20-03-2019. Consultado o 26-7-2019.
- ↑ "Manuel Martínez presenta o seu partido, Galicia Sempre". crtvg.es. 25-3-2019. Consultado o 26-6-2019.
- ↑ Varela, Suso (25-3-2019). "Martínez presenta su partido: Galicia Sempre". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 26-6-2019.
- ↑ "As eleccións municipais do domingo deixaron algún resultado rechamante". crtvg.es. 28-5-2019. Consultado o 22-6-2019.
- ↑ 6,0 6,1 Redacción (14 de xullo de 2023). "Manuel Martínez no tendrá sueldo como alcalde de Becerreá al no llegar a un acuerdo con PP y BNG". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2023.
- ↑ www.deputacionlugo.org (ed.). "Relación de deputados provinciais por partidos xudiciais". Arquivado dende o orixinal o 27/12/2010. Consultado o 18/12/2010.
- ↑ Lombao, DAvid (2015-06-24). "O alcalde de Becerreá racha co PSOE e dálle a Deputación de Lugo ao PP". Praza Pública. Consultado o 2023-09-07.
- ↑ 9,0 9,1 Redacción (15 de xullo de 2019). "Manuel Martínez: “No me arrepiento de nada”". cope.es (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2023.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Entrevista con Manuel Martínez Núñez, diputado del Área de Infraestructuras e Obras de la Diputación de Lugo. Cimbra nº Extra 383, setembro-outubro 2008 (en castelán).
- Ficha no sitio web do Congreso dos Deputados
Predecesor: Antonio Fernández Pombo |
Alcalde de Becerreá 2007 - actualidade |
Sucesor: no cargo |