Geografía General del Reino de Galicia
Geografía General del Reino de Galicia é unha enciclopedia en seis tomos, dirixida por Francesc Carreras i Candi e publicada en Barcelona en 1928 pola editorial Alberto Martín. A obra foi reeditada en 1980 en 13 tomos.
Geografía General del Reino de Galicia | |
---|---|
![]() Primeira folla do tomo IV | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contido editar
O primeiro tomo é unha descrición xeral da xeografía de Galicia. Os tomos 2 e 3, sobre a provincia da Coruña, foron coordinados por Uxío Carré Aldao. O tomo 4, sobre a provincia de Lugo, preparouno Manuel Amor Meilán. O tomo 5, sobre a provincia de Ourense, fíxoo Vicente Risco. O tomo 6, sobre a provincia de Pontevedra, estivo a cargo de Xerardo Álvarez Limeses.
A obra inclúe cartografía impresa a cor e planos das cidades e principais vilas.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|