Doncos, As Nogais
Coordenadas: 42°47′02″N 07°06′01″O / 42.78389, -7.10028
Santiago de Doncos é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 198 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística,[2] 90 homes e 108 mulleres. O que supón unha diminución de 53 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 251 habitantes (117 homes e 134 mulleres) e 61 menos que en 2006.
Doncos | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial. | |
Concello | As Nogais[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 180 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A parroquia, situada á beira dereita do río Navia, está atravesada pola N-VI e a A-6.
Do lugar de Sebrás era natural Balbino Santín Aira, asasinado no campo de concentración nazi de Mauthausen o 10 de decembro de 1941.
En Doncos nacera Lisardo Freijo, coñecido como Tenente Freixo ou Teniente Freijo -pois acadou ese grao no exército republicano na fronte de Asturias-. Trala guerra organizou en 1943 un grupo guerrilleiro que actuaba nas bisbarras de Curtis e Ordes. Do seu grupo fixo parte Foucellas. Morreu o 26 de xuño de 1946 xunto a outros guerrilleiros nun enfrontamento coa Garda Civil en Milreu, no concello coruñés de Aranga.
PatrimonioEditar
= Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de DoncosEditar
Lugares da parroquia de Doncos no concello das Nogais (Lugo) | |
---|---|
Parroquias das NogaisEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "IGE. Nomenclátor de Galicia. As Nogais". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2017.