Castro de Vilela
poboado fortificado en Mandiá, Ferrol
Coordenadas: 43°31′27″N 8°14′22″O / 43.52411, -8.23946
O Castro de Vilela ou Monte do Castro é un poboado castrexo situado na ladeira dos montes de Bailadora, no concello de Ferrol[1].
Castro de Vilela | |
---|---|
Parroquia | Mandiá |
Concello | Ferrol |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
País | Galiza |
Id. catálogo | GA15036004 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | abandono |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza | |
Castros de Galiza |
DescriciónEditar
O castro é de forma ovalada duns 90 por 70 metros, son dúas áreas nun eixo SO-NL (castro e antecastro respectivamente). Ao oeste, na parte alta do castro aínda pode verse o foxo e un muro. Na parte baixa hai vivendas e outras construcións. A zona está catalogada coma zona arqueolóxica protexida.