Adiante foi unha revista editada pola Confederación Xeral de Traballadores Galegos entre 1987 e 1993.

Adiante
PaísEspaña
Lugar de publicaciónVigo
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu en maio de 1987. Revista con contidos políticos e literarios, estaba dirixida por Margarita Ledo Andión e no consello de redacción figuraban Fernando Acuña, Luís Burgos, Alberto Fernández Campo, Francisco Sebio e Xosé Manuel García Crego. Entre os colaboradores da sección literaria figuraron Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Ramón Mariño Ferro, Manuel Outeiriño, Úrsula Heinze, Gonzalo Navaza e Suso de Toro. Publicáronse 58 números, desapareceu en decembro de 1993.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar