Xosé Manuel García Crego

editor, tradutor, sindicalista e político galego

Xosé Manuel García Crego, nado en Vigo o 9 de xaneiro de 1950, é un editor, tradutor, sindicalista e político galego.

Modelo:BiografíaXosé Manuel García Crego
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneditor, tradutor, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Enxeñeiro Técnico Industrial, traballou en Citroën nos anos 1973 a 1975; foi director de produción e de edición en Edicións Xerais de Galicia desde 1983 até a súa xubilación en 2015.

Militante da UPG e membro dos cumios Executivo e Central, foi secretario de organización nos anos 1971-1976. Logo da caída da organización en agosto de 1975 estivo fuxido en Porto. Foi detido en xuño de 1976[1], ingresando na cadea da Coruña. Abandonou a UPG en novembro dese ano en desacordo coa expulsión de Xosé González Martínez.[2]

Integrante do núcleo fundador de Galicia Ceibe (OLN) e do Partido Galego do Proletariado, codirixiu con X. L. Méndez Ferrín os periódicos Espiral e Sempre en Galicia (do PGP).

No terreo sindical pertenceu á CSG (Confederación Sindical Galega), á INTG, á CXTG (Confederación Xeral de Traballadores Galegos) -de cuxo periódico Adiante foi coordinador-, e á CIG, causando baixa nesta central sindical en 2016 pola súa submisión ao BNG.

Para a CXTG editou a serie de libros Sede Central Relatos. Foi membro do Clube Cultural Adiante, editando o libro do I Congreso da Lingua e a Cultura galegas en Asturias, León e Zamora.

Militou na FPG até novembro de 2009, abandonando esta organización por causa da indecisión sobre o proceso de confluencia co Encontro Irmandiño e co Movemento pola Base, que daría pé ao Proxecto Común e a Anova, que había abrir un novo xeito de entender a política da esquerda en Galicia, coa creación de AGE e de En Marea.

É membro da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil", da que foi presidente no tempo do período especial cubano, nos primeiros anos da década de 1990.

Alentou e formou parte das Redes Escarlata.

Conformou o núcleo inicial e a xunta directiva da organización de defensa medioambiental Salvemos Monteferro. Foi membro do Instituto de Estudos Miñoráns.

Entre 2010 e 2018 foi presidente do Coro galego Cantares do Brión, con sede no Val Miñor.

Traducións

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar