Abrir o menú principal

Ignacio Ramonet

escritor español

Ignacio Ramonet Míguez, nado en Redondela o 5 de maio de 1943, é un xornalista galego especializado en relacións internacionais e globalización asentado en Francia.

Ignacio Ramonet
Ignacio Ramonet- GALILEE.jpg
Ignacio Ramonet
Nome completoIgnacio Ramonet Míguez
Nacemento5 de maio de 1943
 Redondela
NacionalidadeEspaña
Alma máterBordeaux Montaigne University e École des hautes études en sciences sociales
Ocupaciónescritor, xornalista, geopolitician, sociólogo e semiologist
FillosTancrède Ramonet
PremiosPremio de xornalismo Antonio Asensio e doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Viviu a súa infancia en Tánxer. Estudou enxeñaría en Bordeos, Rabat e París, e socioloxía na Escola de Altos Estudios Sociais de París. Interesado polo cine, traballou preto de Roland Barthes e Christian Metz, doutorándose en Semioloxía e Historia da Cultura, así coma catedrático de Teoría da comunicación. Escribe en Cahiers du Cinéma e crítica de cine en Libération. Dirixiu Le Monde diplomatique desde 1991 até marzo de 2008 (na actualidade é encargado da edición española) e dirixe Manière de voir. É un dos principais pensadores críticos co proceso de globalización.

Unha editorial súa deu orixe a Attac, movemento internacional para o control democrático dos mercados financeiros e das súas institucións- (creado nunha reunión internacional en París durante o 11 e 12 de decembro de 1998) e de Media Watch Global (13 de maio de 2002) resultado das conclusións do II Fórum Social Mundial de Porto Alegre do que foi promotor.

Profesor da teoría da comunicación na Universidade Denis-Diderot (París VII). Foi profesor invitado das universidades Carlos III (Madrid), Buenos Aires, Valencia, San Petersburgo, Cuba, Porto Rico, Santo Domingo etc. É doutor 'honoris causa' pola Universidade de Santiago de Compostela.

PublicaciónsEditar

Véxase taménEditar