Ricardo Sánchez Oroza

arquitecto e político galego

Ricardo Sánchez Oroza, nado en Buenos Aires en 1957[1] e finado na Coruña o 9 de novembro de 2019,[2] foi un arquitecto e político galego.

Infotaula de personaRicardo Sánchez Oroza
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 2019 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou en 1973 os estudos de Aquitectura na Escola de Arquitectura da Coruña e, no curso seguinte, tivo que marchar coa súa familia a Arxentina onde rematou a carreira.[3]

Mestrado en urbanismo e territorio[Cómpre referencia], dirixiu un estudo de arquitectura e urbanismo[Cómpre referencia]. Iniciou a súa carreira política no PSdeG, e nas eleccións municipais de 2011 foi elixido concelleiro. Despois abandonou o partido,[2] e creou unha candidatura baixo as siglas de Compromiso por Galicia.

O proxecto dunha macrourbanización pola construtora Fadesa estivo moi presente na campaña electoral de 2015. Así, as municipais de 2015 foron as primeiras gañadas pola esquerda no concello de Miño, co PSdeG-PSOE como partido máis votado, aínda que empatado a concelleiros co PP que perdeu a maioría absoluta anterior.[4] Sánchez Oroza que encabezou a candidatura de Compromiso por Galicia e foi elixido único concelleiro de CxG co 6,81% dos votos,[5] converteuse en alcalde grazas ao voto dos seis edís do PPdeG.[6] A seguir, o 17 de xuño do 2015 o partido desvinculouse da súa candidatura.[7] O 20 de xaneiro de 2016 anunciou un pacto de goberno co PP despois de presentarse ás eleccións coa promesa de "desafiuzar ao PP do Concello".[Cómpre referencia]

Nas municipais de 2019 presentouse polo partido Xuntos por Miño[8] e non acadou representación.[9]

En febreiro de 2018, foille diagnosticado un cancro.[2]

Vida persoal editar

Casou con Patricia Maggiora e foi pai de Santiago, Javier e Camila Sánchez Maggiora.

Notas editar

  1. Redacción (2015-03-12). "Ricardo Sánchez Oroza, único candidato a las primarias de CxG en Miño". laopinioncoruna.es (en castelán) (publicado o 12 de marzo de 2015). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Vázquez, D. (10 de novembro de 2019). "Fallece el exalcalde de Miño Ricardo Sánchez". Fallece el exalcalde de Miño Ricardo Sánchez (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2020. 
  3. Casabella López, Xosé Manuel (10 de novembro de 2019). "Ricardo Sánchez Oroza". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2020. 
  4. Pérez Pena, Marcos (4 de febreiro de 2019). "El alcalde de una localidad gallega endeudada por el crack inmobiliario pide que no se hable del tema en la campaña electoral". eldiario.es (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2020. 
  5. "Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2015 - A Coruña - Miño 2015". elecciones.mir.es. Consultado o 2023-08-15. 
  6. Vizoso, Sonia (2015-06-13). "El alcalde de Miño sale escoltado tras ser investido por sorpresa". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-08-15. 
  7. Redacción (18 de xuño de 2015). "Compromiso por Galicia retira las siglas al alcalde de Miño". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  8. Vázquez, Dolores (27 de decembro de 2018). "Sánchez Oroza concurrirá a las municipales con Xuntos por Miño". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  9. Pérez, Antares (27 de maio de 2019). "El PSOE de Miño arrasa, el PP se desploma y el partido del alcalde se queda fuera". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Jesús Veiga Sabín
  
Alcalde de Miño
 
2015 - 2019
Sucesor:
Manuel Vázquez Faraldo