Abrir o menú principal

Manuel Vázquez Faraldo

político galego

Manuel Vázquez Faraldo, nado en Miño en 1962,[1] é un político galego e alcalde de Miño dende o ano 2019.

Manuel Vázquez Faraldo
Nacemento1962
 Miño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Economista de profesión, foi concelleiro en MIño pola agrupación de electores Alternativa Miñoterra dende 1995 ata 2003. Dende 2005 milita no PSdeG-PSOE, entrando de novo na corporación no grupo municipal socialista no ano 2010[2]

En 2011 encabezou a candidatura socialista,[3] que obtivo seis concelleiros. En 2015[4] a súa lista foi a máis votada [5] Finalmente, Ricardo Sánchez Oroza, de CxG, foi investido alcalde cos seis votos do Partido Popular de Miño.[6]

Nas elecccións do 26 de maio de 2019 o seu partido acadou nove concelleiros,[7] e o 15 de xuño tomou posesión como o primeiro alcalde socialista de Miño dende 1936.[8]


Predecesor:
Ricardo Sánchez Oroza
  
Alcalde de Miño
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo


NotasEditar

Véxase taménEditar