Espazo Común (ESCO) é un partido político galego de centro-esquerda, fundado polo exsecretario xeral do PSdeG-PSOE e exalcalde do Carballiño Pachi Vázquez.

Espazo Común
Partido político de Galiza
Dirixentes e organización
LíderPachi Vázquez
Francisco Fraga Civeira
Historia
Fundación2019
Posicións políticas
IdeoloxíaCentro-esquerda
galeguismo
Socialdemocracia
Constitucionalismo
Representación
RepresentaciónMunicipais de 2023
13 / 3.721
Na rede
Facebook: EspazoComun.gal Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Espazo Común foi presentado o 28 de febreiro de 2019 por Pachi Vázquez e outros antigos militantes socialistas da provincia de Ourense como "movemento cidadán de acción política de ámbito galego, e socialdemócrata, galeguista, constitucionalista e progresista"[1], tendo como reto máis inmediato a presentación de candidaturas nas eleccións municipais do mes de maio.

Eleccións municipais de 2019

editar

Nestes comicios Espazo Común concorreu en diversos municipios da provincia de Ourense mais no concello coruñés de Tordoia, nutríndose de exintegrantes do PSdeG. Obtivo un total de 10 concelleiros, 9 na provincia de Ourense e 1 na provincia da Coruña. Os mellores resultados conseguiunos en Piñor, onde concorría o exalcalde socialista Francisco Fraga Civeira que logrou 3 edís e un 35% dos votos, se ben non recuperou a alcaldía dado que o PPdeG logrou maioría absoluta. Outra praza en que Espazo Común obtivo un bo resultado foi o Carballiño, onde a candidatura encabezada polo propio líder Pachi Vázquez conseguiu 3 concelleiros e 18% dos votos, se ben non foi determinante dado que o PSdeG recuperou a maioría absoluta. Outras localidades en que lograron representación, neste caso cun só edil, foron Amoeiro, Maceda, Carballeda de Valdeorras e Tordoia.

Espazo Común concorreu ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 en coalición con Recortes Cero e Os Verdes na provincia de Ourense[2][3]. A candidatura encabezouna Francisco Fraga Civeira[4] e logrou un discreto 0,54% dos votos nesta circunscrición.

Eleccións municipais de 2023

editar

Para as eleccións municipais de 2023 a formación presentou máis candidaturas e espallouse máis aló de Ourense, conseguindo novos integrantes exsocialistas en Santa Comba[5] e Mazaricos[6] e de Ciudadanos na cidade de Pontevedra.[7] Tamén apostou pola coordinación co Partido Galego e a formación lucense Galicia Sempre, encabezada polo alcalde exsocialista de Becerreá Manuel Martínez Núñez. Finalmente, acadou 13 concelleiros en toda Galicia (entre eles, 5 no Carballiño, 1 en Ames, 1 na Guarda) 3 máis ca nas eleccións de 2019,[8] e conseguiron entrar no goberno municipal da Guarda tras pactar co PP.[9]

  1. SL, POMBAPRESS. "Así es Espazo Común, el nuevo partido de Pachi Vázquez que competirá en docenas de ayuntamientos". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2020-06-20. 
  2. 20minutos (2020-02-21). "La formación impulsada por Pachi Vázquez, Espazo Común, cierra un acuerdo con Recortes Cero y Os Verdes en Ourense". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2020-06-20. 
  3. Diario, Nós. "5-A: o novo partido de Pachi Vázquez, Espazo Común, pecha un acordo con Recortes Cero e Os Verdes en Ourense". Nós Diario. Consultado o 2020-06-20. 
  4. SL, POMBAPRESS. "Francisco Fraga, el sucesor de Pachi Vázquez en Espazo Común y candidato a las autonómicas". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2020-06-20. 
  5. Vilar, O. D. (15 de decembro de 2022). "Ucha optará a la alcaldía xalleira por Espazo Común de Pachi Vázquez". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2023. 
  6. Alvite, X.R. (18 de xaneiro de 2023). "Javier González abandona el PSOE de Mazaricos y se presentará a la alcaldía por Espazo Común". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2023. 
  7. Barral, Serxio (27 de outubro de 2022). "Ciudadanos y Espazo Común concurrirán a las elecciones municipales en Pontevedra". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2023. 
  8. Redacción (29 de maio de 2023). "Espazo Común faise con tres edís máis en Galicia, até 13, dous deles grazas á alza no Carballiño". europapress.es (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2023. 
  9. Bernárdez, Judit (11 de xullo de 2023). "El PP de A Guarda pacta con Espazo Común para garantizar “un gobierno estable”". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2023.