Partido Galego

partido político de centro galeguista

O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que naceu en 2020 coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades.

Partido Galego
Logo
AcrónimoPG
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo galego
Centrismo
Europeísmo
Área de operaciónGaliza
Data de fundación2020
Presidente/aFrancisco Villanueva de Lugo
Secretario/aMiguel Míguez
PaísGaliza
Na rede
Instagram: partidogalego Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ideoloxía

editar

O perfil político do Partido Galego sitúase na centralidade política, tendo como piar principal da súa ideoloxía un sentimento galeguista. O Partido Galego ten como intereses principais a defensa e a protección da cultura galega, a defensa dos piares do benestar públicos (educación, sanidade, servizos sociais e pensións), a defensa da ecoloxía, a defensa do rural e a defensa do desenvolvemento sostible dos sectores produtivos da comunidade conectando coa sociedade galega.[1]

A súa acción política céntrase en gran medida no apoio e mellora en sectores consolidados tales como a pesca, gandaría, viticultura etc., así como en impulsar sectores potenciais da industria, xerando unha produción que atenda a economía circular amosando especial atención no conxunto da cadea de valor. O Partido Galego aposta polo comercio sostible, tratando de fomentar que esta actividade se exerza no comercio de proximidade e que sexa ecolóxico.

Logotipo

editar

O logo representa o conxunto das ideas básicas do partido e está formado polas siglas PG. Nelas distínguense un carballo (árbore propia do clima oceánico de Galicia), unha rede de pesca (propia dun dos sectores produtivos máis importantes da comunidade), a bandeira de Galicia e as lentes de Castelao (timidamente ocultas entre as letras gue e o na palabra galego).[2]

Traxectoria

editar

O Partido Galego presentouse o 12 de decembro de 2020 en Melide[3] e fixo o seu Congreso Constituínte en Arzúa o 22 de outubro de 2022,[4][5] e o seu primeiro Congreso ordinario foi en Teo, o 6 de abril de 2024, onde foron elixidos como dirixentes Miguel Míguez, como secretario xeral da formación, e Francisco Villanueva como presidente.[6]

Defínese como un partido de "centro transversal" e sitúase a si mesmo "no espazo do galeguismo, da moderación, e do equilibrio medioambiental".[7] A disposición gráfica das siglas (PG) é moi semellante[8] ás do extinto Partido Galeguista Demócrata, na etapa en que fora dirixido por Manoel Soto.

Presentouse ás municipais de 2023 como membro da coalición Contamos en concellos lugueses[9] e, a coalición, conseguiu 4.589 sufraxios o 2,39% da provincia de Lugo. A maior parte do apoio recibido veu de Sarria con 2 808 votos grazas a que Camiña Sarria formaba parte da coalición. Sacaron 18 concelleiros.

O Partido Galego estreouse nas eleccións europeas cun resultado de 2.074 sufraxios en Galicia, e mais en total acadaron 5.604 obtendo a maior parte do seu apoio fóra de Galicia presuntamente de galegos emigrados.[10] A súa candidata foi Olga Dourado.[11]

Resultados electorais

editar

Eleccións municipais

editar
Ano Votos Coalición Porcentaxe (%) Concelleiros Maiorías
absolutas
Maiorías
simples
2023 4.589    Dentro de Contamos 0,32%  
18 / 3.705
0 2

Parlamento Europeo

editar
Parlamento Europeo
Eleccións Total Galicia
2024
0 / 54
 0 2.074  0,18%
  1. "Coñece o PG – Partido Galego". Consultado o 2022-03-02. 
  2. "vídeo acto PRESENTACIÓN Partido Galego". Consultado o 2022-03-02. 
  3. Europa Press / Redacción (12 de decembro de 2020). "Nace o proxecto político Partido Galego, unha formación que se declara transversal e con visión europeísta". galiciaconfidencial.com. Consultado o 2 de outubro de 2024. 
  4. Soutullo Carolo, Salvador (12 de febreiro de 2024). "Partido Galego, o grande ausente para non interferir negativamente nun goberno de cambio". nosdiario.gal. 
  5. Lema, Xosé Manuel (24 de outubro de 2022). "O Partido Galego celebrou o seu congreso erguendo a bandeira do galeguismo moderado, integrador e conciliador". adiantegalicia.es. Consultado o 2 de outubro de 2024. 
  6. Redacción (8 de abril de 2024). "Miguel Míguez, novo secretario xeral do Partido Galego, que presidirá Francisco Villanueva". nosdiario.gal. Consultado o 2 de outubro de 2024. 
  7. "O Partido Galego iniciou a súa singradura para “ir dicindo as verdades do país”". Adiante Galicia. Consultado o 2020-12-12. 
  8. Xoán Carlos Gil. Manuel Soto asume la secretaría general del Partido Galeguista (La Voz de Galicia). 
  9. "GaS, PG y Camiña Sarria buscan un diputado bajo la marca Contamos". El Progreso. 15 de abril de 2023. Consultado o 25 de xuño de 2024. 
  10. "Resultados en Galicia de las elecciones europeas 2024". 20minutos.es. 9 de xuño de 2024. Consultado o 25 de xuño de 2024. 
  11. "Trinta e tres candidaturas pugnan por facer ver as eleccións europeas do 9X". Praza Pública. 14 de maio de 2024. Consultado o 25 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar