Galicia Sempre
Galicia Sempre é un partido político local de Becerreá fundado por Manuel Martínez Núñez en 2019.[1] Este era un militante histórico do PSdeG-PSOE que fora concelleiro de Becerreá e deputado provincial e que, na Deputación de Lugo, como voceiro do seu partido tivera múltiples enfrontamentos con Cacharro Pardo, o seu presidente.
Galicia Sempre | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | partido político galego ![]() | ||
Parte de | Espazo Común Galeguista ![]() | ||
Ideoloxía política | galeguismo ![]() | ||
Posición política | centroesquerda ![]() | ||
Texto lema | Sen ataduras ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Fundador/a | Manuel Martínez Núñez ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2019 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Enderezo | Av. Madrid, 1 27640 ![]() | ||
Sede | Becerreá ![]() | ||
Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | galicia-sempre.webnode.es ![]() | ||
[ Wikidata ] |
En 2015, quixo optar á candidatura da presidencia da Deputación pero o seu partido optou por Darío Campos, alcalde da Pontenova, polo que el, primeiro votouse a si mesmo e despois en branco, facilitando o acceso á candidata do PP, Elena Candia.[2]
Traxectoria
editarNas eleccións municipais de 2019 conseguiu a maioría absoluta no concello de Becerreá,[3] acadando sete concelleiros, e ademais logrou candanseu concelleiro en Sarria e en Meira, quedando a tan só un voto de logralo en Burela.[4] Os membros de GaS en Meira e Burela acabaron por integrarse no Partido Popular en abril e maio de 2022, respectivamente.[5][6]
Nas municipais de 2023 formou parte da coalición Contamos.[7][8]
Notas
editar- ↑ Varela, Suso (25 de marzo de 2019). "Martínez presenta su partido: Galicia Sempre". La Voz de Galicia. Consultado o 29 de maio de 2019.
- ↑ Sueiro, Marcos (2015-06-24). "La popular Elena Candia, nueva presidenta de la Diputación de Lugo gracias a un alcalde socialista". Diario ABC (en castelán). Consultado o 2024-01-24.
- ↑ TVG, ed. (28 de maio de 2019). "As eleccións municipais do domingo deixaron algún resultado rechamante". Consultado o 29 de maio de 2019.
- ↑ Redacción (27-5-2019). "Galicia Sempre, o experimento político de Manuel Martínez que quedou en nada". lugoxornal.gal. Consultado o 19-5-2020.
- ↑ "El concejal de Galicia Sempre en Meira (Lugo) pasará a integrarse en el PP, que contará con dos ediles". 18/4/2022. Consultado o 1/3/2023.
- ↑ "El PP incorpora a los 9 integrantes de la lista independiente Burela Sempre". 3/5/2022. Consultado o 1/3/2022.
- ↑ Varela, Suso (30 de abril de 2023). "¿Quiénes están detrás de Contamos, la coalición electoral de Lugo, y por qué se presentan?". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2024.
- ↑ Varela, Suso (15 de abril de 2023). "Contamos, la coalición electoral de Martínez y Garrido a la que se suma el exalcalde del PP Gumersindo Rodríguez". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2024.