Unidade da Esquerda Galega

Unidade da Esquerda Galega é unha forza política galega cuxo ámbito de actuación é Galicia. Formouse o 14 de outubro de 1994 con antigos militantes do POG, Unidade Galega, PSG-EG e persoas independentes. O partido refundouse en 2006 da man de Lois Pérez Leira[1] para se presentar as eleccións municipais de 2007 en Vigo, o que fixo xunto con Nós-UP formando a candidatura Vigo de Esquerdas, que tivo o 0.21% dos votos [2]. O partido volveu reactivarse a comezos de 2012 cando varios militantes do PSdeG-PSOE da zona de Vigo deixaron o partido e entraron na organización. En xuño de 2012 celebrou unha conferencia política e anunciou a súa entrada en Máis Galiza [3]. Os seus máximo dirixentes foron Óscar Lomba Álvarez e Marcial Amadeo Martínez, ex-concelleiro do PSG-EG en Vigo. Tiña militantes en Anova e outros en Compromiso por Galicia ata que en 2013 o sector integrado en Anova formou cos militantes de Nova Esquerda Socialista un novo partido Nova Esquerda Galega.[4]

Unidade da Esquerda Galega
Partido político de Galicia
Dirixentes e organización
LíderMarcial Amadeo Martínez
(Presidente-Fundador e Secretario de Organización)
Óscar Lomba Álvarez
(Secretario Xeral)
Historia
Fundación1994
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
altermundismo
ecoloxismo
feminismo
galeguismo
Na rede
http://www.unidadedaesquerdagalega.org/

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar