Carlos Aymerich
Carlos Ignacio Aymerich Cano, nado en Vigo en 1967, é un profesor universitario e político nacionalista galego que militou no BNG.
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Vigo, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
21 de marzo de 2000 – 20 de xaneiro de 2004 Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
editarDeputado no Congreso español pola provincia da Coruña entre os anos 2000 e 2004, tamén foi deputado pola Coruña no Parlamento galego polo BNG dende xullo de 2005 ata marzo de 2013.[1]
Despois da dimisión de Anxo Quintana como voceiro nacional tralas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009, Carlos Aymerich postulouse como novo candidato a este posto a través da plataforma Máis BNG. Foi o voceiro do BNG no Parlamento de Galicia até o 8 de febreiro de 2012.[2]
O 29 de febreiro de 2016, trala XV Asemblea Nacional do BNG, anunciou que abandonaba o partido.[3] Desde entón ocupa a secretaría xeral da Universidade da Coruña, no equipo de goberno do reitor Xulio Abalde.
Publicacións
editarObras colectivas
editar- O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións.
- A Unión Europea como problema. Reflexións desde Galiza, 2014, Fundación Galiza Sempre.
Notas
editar- ↑ País, Ediciones El (2013-03-13). "El líder de los críticos del BNG deja el Parlamento gallego". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2015-12-01.
- ↑ Aymerich deja la portavocía del BNG por coherencia “política y personal”(en castelán)
- ↑ "Carlos Aymerich anuncia que se va del BNG". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de febreiro de 2016. Consultado o 29 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Aymerich |