Xulio Abalde
Xulio Ernesto Abalde Alonso, nado en Vigo en 1956, é un científico, profesor universitario, reitor da universidade da Coruña de 2016 a 2024 e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Julio Ernesto Abalde Alonso ![]() 1956 ![]() Vigo, España ![]() |
![]() | |
2024 – | |
![]() | |
2016 – 2024 ← Xosé Luís Armesto – Ricardo Cao → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - doutoramento ![]() |
Actividade | |
Ocupación | biólogo, profesor universitario, político ![]() |
Empregador | Universidade da Coruña (2016–) Universidade da Coruña (2012–) ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español Partido dos Socialistas de Galicia ![]() |
Membro de | |
Premios | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse en Bioloxía en 1978 pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1982 comeza a investigar no campo das microalgas baixo a supervisión de Jaime Fábregas, e doutórase en 1985.[1] Trasládase como docente ao campus da Coruña, e de aí ao campus de Lugo, e en 1987 regresa á matriz santiaguesa cun posto de profesor contratado e ao ano seguinte de profesor titular da área de microbioloxía. Coa creación das tres universidades galegas, en 1991 incorpórase á Universidade da Coruña, onde é docente dende aquela.
As súas liñas de pescuda viran ao redor da produción masiva de microalgas e o seu aproveitamento en acuicultura e alimentación animal, ao redor da fisioloxía das microalgas sometidas a situacións de estrés producido pola contaminación.
Foille concedida a praza de catedrático de microbioloxía. Administrativamente ocupou cargos internos no seu departamento e en 2005 foi nomeado director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, cargo que ocupa ata 2009. En 2011 forma parte do equipo co que Xosé Luís Armesto concorre ao reitorado e ocupa logo da súa vitoria o vicerreitorado de "Títulos, Calidade e Innovación Tecnolóxica".
Eleccións a reitor
editarNas eleccións ao reitorado de decembro de 2015 presentouse como candidato da liña continuísta, chamada "Nova Luce". Neses comicios obtivo unha ampla vitoria (3445 votos a 2805) fronte ao opositor Daniel Pena.
Nas eleccións celebradas en decembro de 2019 revalidou o cargo co 70 % dos votos, desta vez con Fernando Martínez Abella como rival[2].
Vida persoal
editarEstá casado e ten dous fillos.
Notas
editar- ↑ "Ficha de Dr. Julio Ernesto Abalde Alonso, Catedrático de universidade". Universidade da Coruña. Consultado o 07/11/2017.
- ↑ Julio Abalde, reelixido como reitor da Universidade da Coruña, GCiencia, 4 de decembro de 2019.