Abrir o menú principal

Xosé Manuel Pérez Bouza

político galego

Xosé Manuel Pérez Bouza, nado en Caracas o 15 de abril de 1970, é un político galego nacionalista.

Xosé Manuel Pérez Bouza
Nacemento15 de abril de 1970
 Caracas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De profesión é enfermeiro. Foi concelleiro do BNG no concello de Porqueira, venceu nas eleccións de 2003, mais un polémico pacto entre os concelleiros do PPdeG e a única concelleira do PSdeG, Susana Vázquez Dorado, déronlle a alcaldía a esta última. Candidato nas seguintes municipais, volveu a ser derrotado por Susana Vázquez Dorado, desta vez xa no PPdeG.

Dende marzo de 2008 foi senador por Galiza nas Cortes españolas. En 2011 presentouse ás eleccións xerais de 2011 en España como cabeza de lista do BNG pola provincia de Ourense e non saíu elixido, deixando de militar nesa organización por discrepancias políticas o 10 de febreiro de 2012[1]. Posteriormente pasou a militar en CxG, sendo o candidato pola provincia de Ourense nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar