Partido Galeguista Nacionalista
partido político galego
O Partido Galeguista Nacionalista foi un partido nacionalista galego creado en 1984.
Partido Galeguista Nacionalista | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
Historia | |
Fundación | 1984 1 |
Disolución | 1988 2 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego |
1 Escisión do Partido Galeguista. 2 Unión co Partido Nacionalista Galego para crear o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista. | |
Traxectoria
editarTrala decisión do Partido Galeguista de se integrar en Coalición Galega, en 1984, un grupo de 50 militantes liderados por Ramón Martínez López e Manuel Beiras desconformes coa decisión decidiron organizar un novo partido galeguista.
Non participaron nas eleccións do Parlamento de Galicia de 1985 nin ás estatais de España de 1986; mais nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 1987 concorreron en coalición co Partido Nacionalista Vasco, na Unión Europeísta[1], onde obtiveron 5.322 votos en Galiza (0,43% dos votos nacionais).
En 1988, esta forza política, únese ao PNG para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista.[2]
Notas
editar- ↑ Os partidos vascos irán ás eleccións europeas en coalición con cataláns e galegos, El País, 23 de abril de 1987.
- ↑ Redacción (2 de novembro de 1988). "Fusión do Partido Nacionalista Galego e o Partido Galeguista". crtvg.gal. Consultado o 14 de setembro de 2020.