Manuel Beiras

intelectual galego e político galeguista

Manuel Beiras García, nado en Santiago de Compostela o 10 de abril de 1904 e finado na mesma cidade o 28 de xullo de 1996, foi un intelectual galego e político galeguista. Pai do dirixente nacionalista galego Xosé Manuel Beiras.

Modelo:BiografíaManuel Beiras
Biografía
Nacemento10 de abril de 1904 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 1996 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
RelixiónCatólico
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista, Dereita Galeguista, Unidade Galega, Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista
Familia
CónxuxeHerminia Torrado Moldes Editar o valor en Wikidata
FillosXosé Manuel Beiras e outros 8 fillos Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntón Beiras García Editar o valor en Wikidata
Premios

BUSC: beiras-manuel-1904-1996

Traxectoria

editar

Graduado pola Escola de Comercio da Coruña, dende moi novo comezou a escribir. Aos dezaseis anos publicou o seu primeiro artigo xornalístico en Diario de Galicia. Posteriormente seguiu escribindo e traducindo ao galego baixo o pseudónimo "Eu ben sei".

 
19 de xuño de 1932. Nesta foto de grupo aparecen, entre outros: Ramón Villar Ponte, Fernández del Riego, Antón Villar Ponte, Plácido Castro, Otero Pedrayo, Ramón Rodríguez Somoza, Manuel Beiras, Manuel Lugrís, Castelao, Suárez Picallo, Carlos Maside e Alexandre Bóveda.

Católico e galeguista, foi un dos fundadores do Partido Galeguista en 1931. Ao ano seguinte promoveu a celebración da primeira misa en galego. Beiras militou no Partido Galeguista até 1935, cando xunta con outros militantes encabezados por Xosé Filgueira Valverde e Vicente Risco abandonou o partido polos seus pactos coa esquerda e fundou a Dereita Galeguista.

Trala guerra civil prosegue as súas actividades culturais e crea, xunta con outras personalidades de Galiza, coma Otero Pedrayo, Gómez Román, Luis Iglesias, Fermín Bouza Brey, Xaime Illa Couto, Antón Fraguas e Xesús Ferro Couselo, o Padroado Rosalía de Castro. Foi tamén moi activo no ámbito compostelán, creando a Orquestra Filharmónica de Compostela e promovendo actos como a celebración do Día de Galiza en Santiago de Compostela ou a Festa do Traxe Galego.

Tras a ditadura

editar

Tralo fin da ditadura franquista, foi concelleiro no concello de Santiago de Compostela en 1979 polas listas da coalición Unidade Galega, e un dos responsábeis da refundación de Partido Galeguista en 1978. En 1985, ante a decisión da maioría dos militantes de disolver o partido e integrarse en Coalición Galega, participa nunha nova refundación do partido (V Congreso), formando parte da executiva do partido. Nas eleccións autonómicas galegas de 1989 foi número dous nas listas do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG) pola Coruña, sen obter acta de deputado.

Traduciu ao galego Os contos de Grimm e Platero e eu.

Estaba casado con Herminia Torrado Moldes e era pai de nove fillos.

Recoñecementos

editar

Obtivo a Medalla Castelao en 1987, a Medalla de Ouro ao Mérito Cidadán de Santiago de Compostela en 1991 e foi nomeado Galego do Ano pola Universidade de Santiago de Compostela en 1995.

O Concello de Santiago de Compostela dálle o seu nome ao Premio Manuel Beiras que distingue o emprego habitual do galego no ámbito empresarial e comercial.