Xosé Mosquera Casero
Xosé Mosquera Casero, nado o 6 de decembro de 1956 en San Cristovo de Cea, é un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1956 ![]() San Cristovo de Cea, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse en dereito en 1979 e foi profesor axudante de dereito constitucional nas universidades de Navarra e Santader (1980-1983), funcionario da Deputación de Ourense desde 1985 foi Secretario Xeral Técnico da Conselleria de Pesca (1987- 1989), exerce como profesor asociado de dereito consitucional na Universidade de Vigo desde 1991 e mais é xefe do servizo de intervención da Deputación de Ourense desde 1995.
Actividade política
editarEn 1979 entrou a militar no Partido Galeguista e foi candidato desa formación nas eleccións autómicas de 1981. Tras a integración do seu partido en Coalición Galega en 1983, pasou a militar nesta formación ata a creación en 1987 do Partido Nacionalista Galego. Nas eleccións municipais dese ano encabezou a lista do PNG en San Cristovo de Cea, nas que foi elixido concelleiro. En 1991 entrou canda o seu partido no Bloque Nacionalista Galego. En setembro de 2011 resultou elixido secretario xeral do PNG-PG e en 2012, tras abandonar o seu partido o BNG e integrarse en Compromiso por Galicia, entrou na executiva desa formación. En 2014 impúxose nas primarias da súa formación na cidade de Ourense[1] pero tras a formación da plataforma cidadá Ourense en Común, CxG foi o primeiro partido en oficializar o seu apoio [2] renunciando a presentar unha lista propia. Xosé Mosquera tamén gañou as primarias de Ourense en Común á alcaldía[3] pero tras o malestar de parte da organización, que replicaba que houbera tráfico de votos, a asemblea xeral de Ourense en Común decidiu anular o proceso.[4] Mosquera e o resto de militantes de CxG que colaboraban en Ourense en Común cualificaron esta decisión como un quebranto democrático e abandonaron a marea,[5] reactivando a candidatura de CxG ao concello de Ourense con Mosquera como cabeza de lista. En novembro de 2018 abandonou tanto os cargos que desempeñaba como a militancia en Compromiso por Galicia.[6] En 2020 asumiu a presidencia Partido Galego.
Notas
editar- ↑ "Xosé Mosquera se impone en las primarias de CxG y será candidato a la alcaldía", La Voz de Galicia, 4 de outubro de 2014.
- ↑ "Compromiso por Galicia, primer partido en oficializar su apoyo a la «marea» ourensana" La Voz de Galicia, 13 de febreiro de 2015
- ↑ "Xosé Mosquera será el candidato de Ourense en Común en las municipales" La Región, 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Anuladas as primarias de Ourense en Común" Arquivado 18 de abril de 2015 en Wayback Machine. Sermos Galiza.
- ↑ "CxG abandona Ourense en Común" Galicia Confidencial, 1 de abril de 2015.
- ↑ "Xosé Mosquera deja Compromiso por la imposición como candidato del hostelero Tino Iglesias" La Voz de Galicia, 22 de novembro de 2018