Alfonso Vilar Lamelas
Alfonso Vilar Lamelas, nado en Rouxique (Vilalonga, Sanxenxo) o 15 de setembro do 1927 e finado en Pontevedra o 24 de xaneiro de 2011, foi un escultor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1927 Rouxique, España |
Morte | 24 de xaneiro de 2011 (83 anos) Pontevedra, España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Movemento | Realismo |
Profesores | Francisco Asorey |
Alumnos | Antonio Rosales |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarComezou a súa andaina artística grazas a unha bolsa concedida pola Deputación de Pontevedra. Na súa estadía en Santiago de Compostela foi alumno de Francisco Asorey. Tamén estudou na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid, coincidindo cos escultores Juán Cristóbal e Enrique Pérez Comendador. Foi un dos promotores da Escola de Canteiros de Poio. Aínda que destacou como escultor, sendo un dos máis destacados na Galicia do século XX, tamén cultivou a pintura e outras formas de expresión artística.
De estilo clásico, realista e con trazos expresionistas, a súa escultura é unha mestura do clasicismo rexionalista galego do século XIX, as vangardas dos anos trinta e as tendencias escultóricas de posguerra aprendidas na súa etapa en Madrid da década de 1950.
Ademais da escultura funeraria tamén abordou os retratos e a temática mariñeira. As súas numerosas obras públicas son un bo exemplo do seu traballo.
Obra pública
editar- Monumento ó pescador, 1956, Praza do Berbés, Vigo.
- Monumento ó Dr. José Touriño Gamallo, 1960, Alameda, Marín.
- Cormorán, 1960, Con d'Arbón, Sanxenxo.
- Monumento á muller do emigrante, 1961, As Corbaceiras, Pontevedra.
- Monumento ó Dr. Jacobo Otero Goday, 1962, Avenida dos Irmáns Otero Goday, O Grove.
- O mariscador, 1968, Xardíns da Calzada, Cambados.
- Aviador Piñeiro, 1970, Praza do aviador Piñeiro, Sanxenxo.
- Familia mariscadora, 1972, Praza do Corgo, O Grove.
- Monumento a Fleming, 1976, Xardíns Fleming, Vilagarcía de Arousa.
- Recordo a José Franco Santos, 1976, Xardín da igrexa parroquial, O Grove.
- Monumento ao soldado descoñecido, 1986, Gran Vía de Montero Ríos, Pontevedra.
- Monumento a Alexandre Bóveda, 1986, Praza de Curros Enríquez, Pontevedra.
- Monumento a Castelao, 1987, Alameda, Redondela.
- Monumento a Alejandro Cerecedo Millán, 1993, Xardíns Fleming, Vilagarcía de Arousa.
- Monumento a Ventura, 1994, O Corgo, O Grove.
- Homenaxe ó Dr. D. José Martínez García, 1995, Mosteiro de Poio.
- Madama, 1995, Praia de Silgar, Sanxenxo.
- Monumento a Felipe "Pantera" Rodríguez, 2001, Parque de Vilaxoán.
- Monumento a Diosiño, 2009, Lérez.
Galería de imaxes
editar-
Monumento á Familia Mariscadora (O Grove)
-
A Madama de Silgar (Sanxenxo)
-
Monumento ó Aviador Piñeiro (Sanxenxo)
-
Monumento ó Pescador (Vigo)
-
O Mariscador (Cambados)
-
Monumento a Alexandre Bóveda (Pontevedra)
-
Monumento ao Soldado (Pontevedra)
-
Monumento a Castelao (Redondela)
-
Monumento ó Emigrante (A Coruña)
-
Monumento a Fleming (Vilagarcía de Arousa)
-
Monumento a Alejandro Cerecedo (Vilagarcía de Arousa)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfonso Vilar Lamelas |
Bibliografía
editar- Escultura Urbana. (Revista Dixital). ISSN 1988-5954
- Gallego Esperanza, Mª de las Mercedes (1996). La Escultura Pública en Pontevedra. Pontevedra: Diputación Provincial. ISBN 84-88363-35-4.
- Vázquez Xil, Lalo (1998). Historia dos Monumentos de Vigo. Vigo: Concelleria de Cultura, Educación e Muller. Concello de Vigo. ISBN 8487636248.
Ligazóns externas
editar- Vigo en fotos de Javier Albertos (en varias linguas).
- Escultura Urbana (Revista Dixital)Arquivado 14 de novembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)