Pantera Rodríguez
Felipe Rodríguez Piñeiro, nado en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) en 1953 e finado na mesma vila o 1 de xuño de 2000, foi un boxeador galego, chamado Pantera Rodríguez.
Pantera Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 1953 |
Lugar de nacemento | Vilagarcía de Arousa |
Falecemento | 31 de maio de 2000 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | boxeador |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Fillo dun mariñeiro, por consello dun antigo boxeador da súa mesma vila, Vicente Martiñán, aos dezaseis anos mudouse a Zaragoza e posteriormente a Madrid para dedicarse ao boxeo. En Madrid debutou como afeccionado en 1972. Nese ano e en 1976 proclamouse campión de España de afeccionados na categoría de pesos pesados. En 1977 pasou a profesional, e gañou por nove veces o título dos pesos pesados, ata que se retirou invicto en 1987. Obtivo o título de campión europeo dos pesos pesados en 1978, pero perdeuno aos puntos contra o italiano Lorenzo Zenon en 1979 e non o recuperou contra o francés Lucien Rodriguez en 1981. Pelexou contra o uruguaio Alfredo Evangelista por dúas veces, co resultado de combate nulo ambas.
Cando se retirou do boxeo traballou como vixilante de seguridade na Coruña e logo como presentador no programa de televisión Luar. Posteriormente regresou ao traballo de garda de seguridade.
O 8 de abril de 2000 recibiu unha homenaxe no polideportivo de Fontecarmoa, no Carril e dous meses despois falecía dun tumor cerebral.
Vida persoal Editar
Estaba casado con María Josefa Lorenzo Figueira e tiña dúas fillas: Ana Belén (1982) e María Dolores Rodríguez Lorenzo (1989).
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.