Rouxique, Vilalonga, Sanxenxo
Rouxique é un lugar da parroquia de Vilalonga, no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 332 habitantes (166 mulleres e 166 homes ), o que representa un descenso respecto ós anos 2009, cando tiña 360 veciños, e 2004, cando eran 367.
Rouxique | |
---|---|
Parroquia | Vilalonga |
Concello | Sanxenxo |
Coordenadas | 42°26′53″N 8°50′39″O / 42.448, -8.84425Coordenadas: 42°26′53″N 8°50′39″O / 42.448, -8.84425 |
Poboación | 332 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Constitúe, xunto cos lugares lindeiros da Arnosa e A Fianteira unha boa zona para a observación de aves acuáticas nas distintas lagoas artificiais creadas trala extracción de arxila con destino ás telleiras e fábricas de ladrillos existentes nesta zona. Pola presenza de aves, forma parte do Complexo Intermareal Umia-O Grove.
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilalonga
editarLugares da parroquia de Vilalonga no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
---|---|
Altamira | A Arnosa | A Bruñeira | O Carballal | O Castro | A Costiña | O Cruceiro | O Empalme | A Fianteira | O Freixo | O Igrexario | Lagarei | Piñeiros | O Rebel | Rouxique | A Salgueira | Tourada | A Touticeira | Vilar |