Pablo Escobar

Pablo Emilio Escobar Gaviria, nado en Rionegro, Antioquia, o 1 de decembro de 1949 e finado en Medellín o 2 de decembro de 1993, foi un narcotraficante colombiano. Foi o máximo líder do Cartel de Medellín e do grupo coñecido como Los Extraditables, chegou a ser o home máis poderoso da mafia colombiana, e mailo criminal máis rico e perigoso da súa época en todo o mundo.

Pablo Escobar
Pablo Escobar Mug.jpg
Nome completoPablo Emilio Escobar Gaviria
AlcumeEl Patrón, Don Pablo, El Doctor, El Padrino, El Señor, El Diablo, El Mágico, El Zar de la Cocaína, El Duro e El Papu
Nacemento1 de decembro de 1949
 Rionegro
Falecemento2 de decembro de 1993
 Medellín
Causaferida por arma de fogo
SoterradoItagüí
NacionalidadeColombia
RelixiónIgrexa católica
Ocupacióncapo da droga, político e emprendedor
CónxuxeVictoria Eugenia Henao Vallejo e ولدعمار وليد
FillosSebastián Marroquín e Manuela Escobar
IrmánsRoberto Escobar
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

As autoridades vincúlano ao asasinato de máis de 10.000 persoas; un dos seus principais gardacostas e lugartenentes, John Jairo Velásquez Vásquez, alias Popeye, relacionouno co asasinato de centos de persoas.[1] No medio da guerra encarnizada que realizou contra o Estado colombiano desde 1984, a súa organización foi responsable de numerosos actos de terrorismo, entre eles, a colocación de máis de 250 bombas e ducias de matanzas que deixaron un total de 1142 civís mortos, sen contar os miles de vítimas colaterais froito do fogo cruzado coas autoridades en Antioquia e Medellín. Foi responsable do asasinato de 657 policías entre 1989 e 1993,[2] e dun feroz enfrontamento co Cartel de Cali, os paramilitares do Magdalena Medio e finalmente con Los Pepes.

Organizou e financiou unha extensa rede de sicarios e, cos seus actos terroristas mediante o emprego de coches bomba nas principais cidades, desestabilizou Colombia, converténdose no criminal máis buscado do mundo a comezos dos anos 1990.[3][4] Tras fuxir do cárcere en xullo de 1992, o goberno de Colombia destinou uns catro mil efectivos e unha cantidade inxente de recursos para conformar o denominado Bloque de buscae recapturalo. Tras dezasete meses, e co respaldo incondicional de grupos da intelixencia estadounidenses, localizárono nun barrio de Medellín, morrendo nun tiroteo coas forzas da lei.

Co comercio de cocaína amasou a fortuna máis grande do seu país e unha das meirandes do mundo.[5] Alcuñado «El Patrón», a súa fortuna estimábase entre os 9000 e 15 000 millóns de dólares, aínda que segundo varias investigacións e informes da prensa especializada, o tráfico de drogas reportoulle beneficios de 25 000 millóns de dólares.[6][7][8][9]

NotasEditar

  1. "Se confiesa "Popeye", mano derecha de Pablo Escobar" (en español). Caracol Radio. Consultado o 13 de novembro de 2014. 
  2. "Escobar, el narco billonario que asesinó a diez mil personas", ABC, 17 de novembro de 2014
  3. "Una estratagema derrotó al criminal más buscado del mundo". El Tiempo. Consultado o 26 de abril de 2014. 
  4. "¿Es el "Chapo" Guzmán el Pablo Escobar del siglo XXI?". BBC. Consultado o 26 de abril de 2014. 
  5. "Forbes History: The Original 1987 List Of International Billionaires" (en inglés). Forbes Magazine. 1987. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  6. "Los 10 criminales más ricos del mundo". El Mundo. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2013. 
  7. "20 años de la muerte de Pablo Escobar". El País. Consultado o 3 de decembro de 2013. 
  8. "Tres narcotraficantes colombianos en la lista de los criminales más ricos de Forbes". La República. Consultado o 3 de decembro de 2013. 
  9. «Capo Pablo Escobar fue protegido del FSLN», La Prensa (Nicaragua).