Vicente Sáez Ruiz
Vicente Sáez Ruiz, nado en Cox (provincia de Alacant) o 25 de marzo de 1904 e finado en Marcón (Pontevedra) o 5 de decembro de 1936, foi un mestre e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1904 Cox, España |
Morte | 5 de decembro de 1936 (32 anos) Marcón, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFillo dun panadeiro, a familia trasladouse a Totana. Estudou o bacharelato e fixo Maxisterio en Murcia.[1] Ao aprobar a oposición de mestre en 1932, foi destinado a Galicia, á escola de nenos de Coiro en Cangas. Foi delegado da FETE-UGT para o concello de Bueu. Participou no Congreso Regional de Trabajadores de la Enseñanza en Vigo en maio de 1936. Foi presidente do Centro Radical e militante do PCE. Afeccionado á natación, formou parte do Club Rodeiramar de Cangas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na súa casa do Cruceiro o 25 de xullo, trasladado á prisión provincial de Pontevedra o 19 de setembro, á espera de que se celebrara o consello de guerra. O 23 de outubro foi trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Foi paseado o día 5 de decembro e o seu corpo apareceu na estrada da Parra, na parroquia de Marcón.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Chillón Iglesias, Xoán C. (2018). En lembranza dos mestres de Coiro, vítimas da represión franquista en 1936, Víctor Sánchez Mártil, Vicente Sáez Ruiz. Cangas: Asociación Cultural A Cepa.