George Armstrong Custer
George Armstrong Custer, nado en New Rumley, Ohio, o 5 de decembro de 1839 e finado en Little Big Horn, Montana, o 25 de xuño de 1876, foi un oficial de cabalaría do Exército dos Estados Unidos que participou na Guerra de Secesión e nas Guerras Indias. Foi un militar orgulloso e considerado polos seus detractores como un buscaglorias. Non obstante, os soldados que o tiveron como comandante considerábano un gran líder. O 25 de xuño de 1876 morreu xunto a 210 dos seus homes do famoso 7º rexemento de cabalaría na batalla de Little Bighorn, que o enfrontou ás tribos comandadas polo Xefe Indio Cabalo Tolo.
George Armstrong Custer | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de decembro de 1839 |
Lugar de nacemento | New Rumley |
Falecemento | 25 de xuño de 1876 |
Lugar de falecemento | Montana |
Causa | Batalla de Little Bighorn |
Soterrado | West Point Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Academia Militar dos Estados Unidos |
Ocupación | oficial |
Cónxuxe | Elizabeth Bacon Custer |
Irmáns | Thomas Custer |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: George Armstrong Custer |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |