Sants é un barrio de Barcelona, situado na zona sur da cidade, no distrito de Sants-Montjuïc. Foi o núcleo principal do antigo municipio de Sants independente ata 1897, ao que lle daba nome, e que comprendía a zona central do actual distrito de Sants-Montjuïc excluíndo Montjuïc, el Poble Sec e Hostafrancs, que pertencían a Barcelona e a maior parte da Zona Franca que pertencía a L'Hospitalet.

Edificios na rúa de Sants.

O barrio é atravesado pola Ronda del Mig e polas vías do tren. No barrio atópase a estación ferroviaria de Barcelona-Sants, a máis importante da cidade. Ten un importante eixo comercial, coñecido como estrada de Sants, formado polas rúas da Creu Coberta, en Hostafrancs, e a rúa de Sants.

No século XIX, foi un barrio obreiro con varias fábricas téxtiles, entre outras hai que destacar as do Vapor Vell, convertida en biblioteca e escola en 2001, e a Espanya Industrial ou Vapor Nou, convertida en parque en 1983.

A festa maior celébrase cara o 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu, patrón do barrio.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar