Lingua minoritaria
O concepto de lingua minoritaria é un termo da sociolingüística tradicional para referirse a linguas que presentaban distintos graos de precariedade.
Concepto segundo CELRM
editarEn base á Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, unha lingua minoritaria ou rexional refírese a linguas que son:
- Usadas tradicionalmente nun territorio ou Estado determinado polos nativos de tal Estado, quen forman un grupo numericamente menor ao resto da poboación de tal Estado e
- distinta da lingua(s) oficial dese Estado
Lingua minoritaria e lingua minorizada
editarCómpre distinguir entre lingua minoritaria e lingua minorizada. Así, na actualidade é común o uso do concepto lingua minorizada aplicado a aqueles códigos lingüísticos que, compartindo un espazo con outro ou outros, non chegan a desenvolver todos os rexistros e usos que lle son propios, mentres que o temo de lingua minoritaria se emprega unicamente para referirse a estatísticas de poboación.
Unha lingua será minoritaria entre unha poboación determinada cando os seus falantes representan unha pequena porción, pero pode ser maioritaria con outra perspectiva xeográfica. Así, o galego é maioritario, por exemplo, no concello de Baños de Molgas, pero é minoritario en Europa ou o turco é maioritario en Turquía pero minoritario en Alemaña. E de igual maneira falamos de dinamarqués ou galego como linguas minoritarios a escala global, pero soamente falamos de lingua galega como lingua minorizada, pois o dinamarqués está plenamente integrado nos usos e rexitros cotiáns, cousa que non sucede coa lingua propia de Galiza.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Revista internacional sobre linguas minoritarias (en inglés)
- Linguas en perigo de extinción Arquivado 08 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)