Judit Mascó i Palau, nada en Barcelona o 12 de outubro de 1969, é unha modelo e presentadora de televisión catalá.

Infotaula de personaJudit Mascó

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Judit Mascó i Palau Editar o valor em Wikidata
12 de outubro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura176 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosVerde Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsupermodelo , presentadora de televisión , escritora , actriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Páxina webjuditmasco.es Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0556231 Twitter: juditmasco Instagram: juditmasco Tumblr: juditmasco Vimeo: juditmasco Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Mascó medrou nunha familia de clase media, filla dun director de colexio. Gustáballe disfrazarse coa súa irmá empregando a roupa da súa nai. Aos quince anos comezou no mundo da moda, que compaxinaba cos seus estudos de piano e co instituto. Non obstante, a súa primeira opoertunidade foi aos trece anos nun anuncio de televisión. Comezou estudos de modelo na Francina International Modeling Agency, fundada por Francina Díaz Mestre.

Os seus primeiros traballos importantes non tardaron en chegar, en pasarelas de Milán, París e Nova York.

Salto á fama editar

Nas pasarelas internacionais desfilou para deseñadores como Armani, Dolce & Gabbana, Valentino, Max Mara, Carolina Herrera, Escada, Sportmax, Byblos, Loewe ou Anne Klein.

Traballou en campañas publicitarias internacionais para firmas como Max Mara, Laurèl de Escada, Armand Bassi, Betty Barclay, Georges Rech, Mango, Swarovski, Majestic e Palmers Lingerie e para casas de cosméticos como Vitesse, Natura Bissé (da que foi imaxe exclusiva despois de cumprir 35 anos), Clairol, Lancaster, Clarins ou Timotei entre outras.

En 1990 saltou á fama definitivamente ao ser portada do especial de baño de Sports Illustrated, o que a lanzou internacionalmente. Tamén foi a única modelo española que apareceu na portada de Vogue USA. A súa imaxe apareceu en portadas como Elle (nas diferentes edicións francesa, canadense, estadounidense, española, sueca e italiana), Harper's Bazaar, Cleo, Glamour USA, Marie Claire, Telva, Ocean Drive, New Woman ou Amica. Ademais traballou con fotógrafos como Hans Feurer, Gilles Bensimon, Ellen Von Unwerth, Bruce Weber, Oliviero Toscani, Steven Meisel (do que non garda un bo recordo dun dos seus traballos para el para Vogue USA), Outumuro, Fabrizio Ferri, Albert Watson ou Patrick Demarchelier.

Foi escollida como imaxe de Barcelona nos Xogos Olímpicos de 1992, ao que fixo que a súa face fose coñecida en todo o munco.

A pesar de abandonar as pasarelas internacionais en 1995, converteuse nunha presenza obrigada na Pasarela Cibeles de Madrid e na Pasarela Gaudí de Barcelona.

 
Mascó en 2009 asinando exemplares do seu libro

Consagración editar

Judit realizou pequenos papeis para o cinema en filmes como El largo invierno del 39 ou Después del sueño. Tamén lle propuxeron o papel protagonista de A Walk in the Clouds xunto a Keanu Reeves, mais rexeitouno polo volume de traballo que tiña nese momento. No seu libro El libro de Judit Mascó desvelou que lle chegaron a ofrecer ser "moza Bond".

Mascó continuou a facer campañas de publicidade e presentou os concursos Supermodelo 2006 e Supermodelo 2007, Cuatro e Els 25 en TV3, así como numerosas participacións en diversos programas da cadena catalá e presentou o programa Actívate en La 2. Publicou dous libros: El libro de Judit Mascó e Modelo. Continuou a aparecer en portadas e editoriais de moda para revistas españolas como Elle e Marie Claire.

En outono de 2009 reapareceu na Pasarela Cibeles en Madrid na homenaxe ao deseñador Elio Berhanyer. A finais dese ano converteuse na imaxe da empresa de cosméticos Olay e en 2010 foi escollida por Ferrero Rocher para protagonizar a súa popular campaña publicitaria. En novembro de 2013, aos 44 anos, pasou a formar parte da nómina de celebridades que traballan para L'Oréal, París.[1]

Vida persoal editar

Mascó casou co avogado Eduardo Vicente en 1993 e ten catro fillas: Maria, Paula, Romitha e Clara.

Tivo unha ampla participación no voluntariado humanitario e social, onde colaborou con diversas ONG, como a Fundación Vicenç Ferrer, e outras organizacións, como as Misioneiras da Caridade (orde relixiosa establecida por Tareixa de Calcuta).[2][3]

Notas editar

  1. "Judith Mascó vestida de hombre". fueradeserie.expansion.com. 7 de novembro de 2013. Consultado o 2022-03-14. 
  2. Ressenya biogràfica a TV3[Ligazón morta]
  3. "Entrevista a Presencia 7, revista marista". Arquivado dende o orixinal o 2016-03-03. Consultado o 2012-02-03. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar