Oliviero Toscani

fotógrafo italiano

Oliviero Toscani, nado en Milán o 28 de febreiro de 1942, é un fotógrafo italiano, recoñecido principalmente polas súas campañas publicitarias deseñadas para a marca de roupa Benetton, as cales provocaron controversia nas décadas de 1980 e 1990.

Infotaula de personaOliviero Toscani

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1942 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Milán Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCasale Marittimo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónZurich University of the Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía, deseño e marca comercial Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema pornográfico , fotógrafo , nonce (en) Traducir , deseñador Editar o valor em Wikidata
Partido políticoRepública Democrática Alemá Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiBen Dover (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMarirosa Toscani Ballo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webtoscani.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1889373 Facebook: olivierotoscanistudio Discogs: 2253720 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou fotografía en Zúric entre 1961 e 1965. Entre 1982 e 2000, Toscani traballou para Benetton, contribuíndo ó crecemiento da marca United Colors of Benetton ata ser unha das marcas máis recoñecidas mundialmente.

Unha das súas campañas máis famosas incluía unha fotografía dun enfermo da SIDA agonizando nunha cama de hospital, rodeado da súa familia doente. Outras, incluían alusións ó racismo, a guerra, a relixión e a pena capital. En 1990, Toscani fundou a revista Colors (propiedade de Benetton), xunto co deseñador gráfico Tibor Kalman. Baixo o lema "unha revista sobre o resto do mundo", Colors explotaba o multiculturalismo prevalecente na época, así como as campañas publicitarias de Benetton. A liña editorial era independente da marca de roupa. En 1993, Toscani creou Fabrica, un centro de investigación sobre a arte na comunicación; e encargou o deseño ó arquitecto xaponés Tadao Ando.

En 2005, Toscani levantou polémicas novamente, cando fixo fotografías para a campaña publicitaria da marca de roupa masculina "Ra-Re". Os retratos aludían á homosexualidade masculina, dun modo que afervoou a diversos grupos que debatían os dereitos homosexuais.

Ademais de traballar con Benetton, Toscani foi o deseñador de campañas publicitarias para Esprit, Valentino, Chanel e Fiorucci. As campañas de Toscani gañaron catro veces o premio Lion d'Or no Festival de Cannes. Persoalmente, Toscani recibiu, entre outros premios, o UNESCO Grand Prix, e dúas veces o premio Grand Prix d'Affichage. Tivo exposicións individuais, en orde cronolóxica, nas cidades de Venecia, São Paulo, Milán, cidade de México, Helsinqui, Roma e outras catorce cidades.