Carolina Herrera
María Carolina Josefina Pacanins y Niño,[1] nada en Caracas o 8 de xaneiro de 1939,[2] é unha deseñadora de moda venezolana[3] coñecida como Carolina Herrera, célebre polos seu "estilo persoal excepcional",[4] e por vestir varias Primeiras damas dos Estados Unidos, incluídas Jacqueline Onassis, Laura Bush e Michelle Obama.[5][6]
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Carolina Josefina Pacanins Niño 8 de xaneiro de 1939 (85 anos) Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Campo de traballo | Moda e Deseño de moda |
Ocupación | deseñador de moda, empresaria |
Outro | |
Título | Q6001109 (sen valor–1992) |
Pai | Guillermo Pacanins Acevedo |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Latinas in the United States: A Historical Encyclopedia (en) |
Sitio web | carolinaherrera.com |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarHerrera naceu en 1939 en Caracas,[2] filla de Guillermo Pacanins Acevedo, oficial da forza aérea venezolana e antigo gobernador de Caracas,[7] e de María Cristina Niño Passios.[8] A súa avoa, da jet set, introduciuna no mundo da moda, levando a Carolina a mostras de Balenciaga e comprándolle roupa en Lanvin e Dior. Ela mesma dixo que "o meu ollo estaba afeito a ver cousas belas".[9]
Carreira
editarEn 1965, Herrera comezou a súa carreira traballando como publicista para Emilio Pucci, marqués florentino e amigo achegado da súa familia. Comezou a traballar na tenda de Pucci en Caracas e mudouse a Nova York en 1980.[10] Asociada con frecuencia con Mick e Bianca Jagger e Andy Warhol, en Studio 54, fíxose moi coñecida polo seu dramático estilo. Apareceu por primeira vez na International Best Dressed List en 1972, e foi escollida para o seu salón da fama en 1980.[9] En 1981, a súa amiga Diana Vreeland, editora xefa de Vogue suxeriu que Carolina deseñase unha liña de roupa. Ela fíxoo, con mostras feitas en Caracas, e estreou a súa colección no Metropolitan Club de Manhattan con éxito de crítica.[11] Unha coñecida tenda de Park Avenue, Martha's, aceptou mostrar a súa roupa nos seus prominentes escaparates. Tralo éxito inicial volveu a Caracas e logrou capital para financiar un lanzamento máis formal. A súa primeira mostra de 1980 incluía a que sería supermodelo Iman.[9] Carolina Herrera presentaba a súa colección de roupa lista para levar semianualmente na Mercedes-Benz Fashion Week de Nova York.[12][13]
A empresa tivo a súa sede en Nova York dende 1980, e en 1981 a marca recibiu recoñecemento de varias publicacións clave, como Women's Wear Daily e Tatler, cunha atención particular ás súas ben deseñadas mangas. Algunhas das súas clientes máis destacadas estiveron Jacqueline Kennedy Onassis, que lle pediu que deseñase o vestido para a voda da súa filla Caroline, Diana, Duquesa de Cadaval, que lle encargou o deseño para a súa voda co príncipe Charles-Philippe de Orléans, duque de Anjou,[14] e a actriz Renée Zellweger.[9]
A finais da década de 1980, a compañía española de perfumes Puig licenciou o nome Carolina Herrera para desenvolver e vender unha liña de perfumes. En 1995, a empresa adquiriu o negocio de moda de Carolina Herrera, manténdoa como directora creativa.[15] En 2008, lanzaron unha marca de roupa lista para levar chamada CH Carolina Herrera; en 2012, había dezaoito tendas de Carolina Herrera e CH Carolina Herrera no mundo, e as súas liñas de roupa vendíanse en 280 tendas de 104 países.[16] En 2011, as súas fillas Carolina Jr. e Patricia Lansing participaban na dirección creativo e no deseño.[17] En febreiro de 2016, WWD informou de que a parte do negocio dedicado ás fragrancias tiñan máis de 25 000 puntos de venda en todo o mundo, mentres que a marca CH incluía 129 tendas independentes.[18]
En 2015, estreouse o primeiro anuncio da marca, coas modelos Elisabeth Erm e Joséphine Le Tutour.[19] En xullo de 2016, Herrera anunciou a estrea da súa nova fragrancia feminina, que estivo dispoñible en setembro, e que foi o seu maior lanzamento dunha fragrancia en catorce anos. A esencia chámase Good Girl e Karlie Kloss foi o seu rostro.[20]
En 2018, Herrera mostrou a súa última liña para a súa marca e cedeu a dirección creativa a Wes Gordon.
Vida persoal
editarEn 1957, aos dezaoito anos, Herrera casou con Guillermo Behrens Tello, terratenente venezolano.[21] Antes do seu divorcio en 1964, tiveron dúas fillas:[22]
- Mercedes Behrens-Pacanins.[23]
- Ana Luisa Behrens-Pacanins, que casou co investidor Luis Paraud-Carpena, fillo de Fernando Paraud de Madrid, en 1989.[24]
En 1968, casou en Caracas con Reinaldo Herrera Guevara, que herdara o título español de 5.º Marqués de Torre Casa en 1962 trala morte do seu pai.[25][26][27] Herrera era o presentador de Buenos Días, programa informativo matinal venezolano e o fillo máis vello de Don Reinaldo Herrera Uslar, 4.º Marqués de Torre Casa, destacado dono dunha plantación venezolana de cana de azucre, aristócrata e coleccionista de arte.[26] Así, polo seu matrimonio, Carolina tivo o título de Marquesa consorte de Torre Casa, ata que foi retirado en 1992 por non ter Reinaldo ningún fillo varón.[28] O seu marido é editor de proxectos especiais da revista Vanity Fair.[8] Xuntos tiveron dúas fillas, they have two daughters,[9] Carolina Adriana Herrera-Pacanins (nada en 1969), que casou con Miguel Baez.[29] e Patricia Cristina Herrera-Pacanins, que casou con Gerrit Livingston Lansing Jr., fillo de Suydam Rosengarten Lansing e Gerrit Livingston Lansing Sr. (descendente de Robert Livingston),[30] in 2002.[31][32][33]
En 2009, Herrera nacionalizouse estadounidense.[3]
Notas
editar- ↑ "Vogue Espana Biography of Carolina Herrera".
- ↑ 2,0 2,1 "La Vanguardia Ediciones Newspaper, Jan. 22, 2013 – Subject Page – Carolina Herrera". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2015. Consultado o 30 de decembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Leader, Romney (25 de setembro de 2009). "Carolina Herrera Makes It Official". Style.com. Consultado o 6 de febreiro 2011.
- ↑ "Vanity Fair". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2019.
- ↑ Morris, Bernadine (4 de xaneiro de 1994). "For Carolina Herrera, Tranquillity Amid Success". The New York Times.
- ↑ Tuck, Lauren (20 de xaneiro de 2017). "Melania Trump Helped Hervé Pierre Design Her Inaugural Ball Gown". Consultado o 20 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Ana L. Behrens-Pacanins Is Married To Luis Paraud-Carpena, Developer". The New York Times. 14 de outubro de 1989.
- ↑ 8,0 8,1 "Reinaldo Herrera Weds in Caracas". The New York Times. 21 de setembro de 1968. Falta a
|url=
(Axuda) - ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Kotur, Alexandra (2004). "Foreword by Hamish Bowles". Carolina Herrera: Portrait of a Fashion Icon. Assouline. pp. 8–13.
- ↑ "Carolina Herrera | #BoF500 | The Business of Fashion". The Business of Fashion. Consultado o 25 de febreiro de 2016.
- ↑ "Carolina Herrera Corporate Website". Carolina Herrera. Carolina Herrera. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016.
- ↑ Bauknecht, Sara (5 de febreiro de 2013). "Pittsburgh Post-Gazette".
- ↑ Avion, Pablo (9 de xaneiro de 2014). "New York Fashion Week Live". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ Silva, Cândida Santos (19 de agosto de 2010). "Diana de Cadaval: "Gosto que me chamem princesa"". Expresso (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2019.
- ↑ "Puig, a Spanish fashion empire that started with a lipstick". Modaes. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o 26 de abril de 2012.
- ↑ Taylor, Felicia (14 de marzo de 2012). "How Carolina Herrera turned being chic into big business". CNN.
- ↑ Chang, Bee-Shyuan (6 de maio de 2011). "With Pops of Color". The New York Times.
- ↑ Foley, Bridget (10 de febreiro de 2016). "Carolina Herrera’s Quiet Path to Power". WWD. Consultado o 3 de maio de 2016.
- ↑ "Carolina Herrera confie sa dernière campagne à Willy Vanderperre". ladepeche.fr (en francés). La Dépêche du Midi. 26 de xaneiro de 2015. Consultado o 8 de abril de 2015.
- ↑ "Carolina Herrera’s ‘Good Girl’ Scent Aims to Make a Mark". WWD. 12 de xullo de 2014.
- ↑ Latinas in the United States: A Historical Encyclopaedia, Volume 1, pages 325-326
- ↑ Shapiro, Harriet (3 de maio de 1982). "From Venezuela to Seventh Avenue, Carolina Herrera's Fashions Cast a Long Shadow". People. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2011.
- ↑ "Carolina Herrera Hosts Second Annual Fundraising Event for the FundaHigado America Foundation". World Red Eye. 10 de abril de 2017. Consultado o 11 de maio de 2019.
- ↑ "Ana Behrens-Pacanins Is Married To Luis Paraud-Carpena, Developer". The New York Times. 14 de outubro de 1989. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2009.
- ↑ "Gobierno De Espana, Agencia Estatal Boletin Oficial del Estado – Order 3742" (PDF). 1 de febreiro de 1975.
- ↑ 26,0 26,1 "Maria Herrera-Uslar; Society Figure Was 78". The New York Times. 28 de decembro de 1992.
- ↑ Philby, Charlotte (6 de marzo de 2010). "My Secret Life: Carolina Herrera, fashion designer, 71". The Independent (Londres).
- ↑ "Gobierno De Espana, Agencia Estatal Boletin Oficial del Estado – Order 26340" (PDF). 16 de marzo de 1992.
- ↑ Abramovitch, Ingrid (14 de setembro de 2012). "Spanish Influence: Carolina Herrera Baez at Home". ELLE Decor. Consultado o 11 de maio de 2019.
- ↑ "LANSING--Gerrit Livingston". The New York Times. 31 de xullo de 2010. Consultado o 11 de maio de 2019.
- ↑ "WEDDINGS/CELEBRATIONS; Patricia Herrera, Gerrit Lansing Jr.". The New York Times. 24 de novembro de 2002. Consultado o 11 de maio de 2019.
- ↑ Chang, Bee-Shyuan (6 de maio de 2011). "What a Carolina Herrera Daughter and Consultant Is Wearing". The New York Times. Consultado o 11 de maio de 2019.
- ↑ Keltner de Valle, Jane (22 de abril 2019). "Designer Patrick McGrath Brings New Life to Patricia Herrera Lansing's New York City Home". Architectural Digest (en inglés). Consultado o 11 de maio de 2019.