Michelle Obama
Michelle LaVaughn Robinson Obama, nada o 17 de xaneiro de 1964 en Chicago, é unha avogada estadounidense, dona de Barack Obama e ex primeira dama dos Estados Unidos.
Michelle Obama | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Michelle LaVaughn Robinson |
Nacemento | 17 de xaneiro de 1964 |
Chicago | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Relixión | Igreja Unida de Cristo e Metodismo |
Alma máter | Universidade de Princeton, Whitney M. Young Magnet High School e Harvard Law School |
Ocupación | avogada, escritora, política e creadora de podcast |
Pai | Fraser C. Robinson III |
Nai | Marian Shields Robinson |
Cónxuxe | Barack Obama |
Fillos | Malia Obama e Sasha Obama |
Irmáns | Craig Robinson |
Premios | membro honorário e Grammy Award for Best Spoken Word Album |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Michelle Robinson naceu e medrou no seo dunha familia de clase media no sur da cidade de Chicago. Gradouse na Universidade de Princeton e na Harvard Law School para volver a Chicago a traballar co bufete Sidley Austin, onde coñeceu ó seu home. Despois traballou no equipo do alcalde de Chicago Richard M. Daley e no Centro Médico da Universidade de Chicago. Ó longo de 2007 e 2008 axudou na campaña presidencial do seu marido e pronunciou un discurso na Convención Nacional Demócrata de 2008. É nai de dúas fillas, Malia e Sasha, e é irmá de Craig Robinson, adestrador do equipo de baloncesto masculino da Universidade do Estado de Oregón.