Giorgio Armani
Giorgio Armani, nado en Piacenza o 11 de xullo de 1934, é un deseñador de moda e empresario italiano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xullo de 1934 (90 anos) Piacenza, Italia |
Educación | Universidade de Milán |
Actividade | |
Campo de traballo | Deseño de moda |
Ocupación | emprendedor, deseñador de moda |
Período de actividade | 1960 - |
Empregador | Giorgio Armani |
Patrimonio estimado | 8.500 M$ (2019) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | giorgioarmani.com… |
|
Principalmente coñecido pola súa roupa para os homes, formou a súa propia empresa en 1974 e 37 anos máis tarde a revista Forbes considerouno o deseñador italiano de maior éxito comercial, estimando a súa fortuna en 9,8 miles de millóns de dólares. Admirado e promocionado por diferentes actores de cinema e músicos, Armani diversificou a súa produción con perfumaría e outros complementos no que se coñece como Emporio Armani.
Traxectoria
editarAínda que a súa primeira afección foi a fotografía, Giorgio Armani estudou tres anos de medicina na Universidade de Milán. Cumpriu co servizo militar e debido á súa formación médica foi asignado ao Hospital Militar de Verona, onde puido asistir a especáculos na Arena. Finalmente decidiu seguir un camiño diferente na súa carreira.[1]
En 1957, comezou a traballar nos grandes almacéns La Rinascente de Milán. Comezou como vendedor do departamento de homes, logrando unha valiosa experiencia nos aspectos de mercadotecnia da industria da moda.[2] Foi tamén deseñador de escaparates.
Entre 1961 e 1970 foi deseñador en Nino Cerruti e tras abandonar esta firma decidiu abrir a súa propia. Tan só catro anos máis tarde fundou xunto ao seu socio Sergio Galeotti a sociedade Armani, dedicada á moda masculina inicialmente e un ano máis tarde tamén á feminina,[3] coincidindo coa chegada da súa irmá Rosanna á empresa. Galeotti faleceu en 1985, once anos despois da fundación.
Empresa
editarGiorgio Armani é un empresario sagaz, hábil ao modular a creatividade e a fantasía de acordo coas novas necesidades da vida moderna. As aúas prendas son cómodas, habitualmente de liñas rectas e máis ben sobrias, aínda que confeccionadas en materiais selectos. As súas coleccións de muller inciden nunha estética bastante andróxina, non resaltan as formas e procuran unha estilización realzando a verticalidade. Non abusa das cores, aínda que inclúe ocasionais aplicacións de pedraría e fíos metálicos.
Armani é considerado unha marca (label) ou garantía de elegancia contida, fronte ao atrevemento máis arriscado doutros deseñadores. A súa moda non experimenta cambios rápidos e moitos persoeiros considérana un recurso infalible para vestir nas grandes ocasións.
Vestiu asiduamente grandes estrelas de Hollywood, tanto dentro dos filmes como nas súas aparicións públicas. Os seus deseños para o filme American Gigolo, cun novo Richard Gere,[4] axudaron á súa irrupción no mercado estadounidense. Tamén se encargou do estilismo do filme Phenomena, do director italiano Dario Argento. Armani deseñou o vestiario de máis de cen filmes, como o de The Untouchables (1987).[5] É un deseñador recorrente entre as estrelas que acoden ás entregas dos premios Óscar. A cantante Beyoncé converteuse na imaxe publicitaria da súa flagrancia "Diamonds".
Vida persoal
editarArmani é unha persoa moi discreta, mais identificouse publicamente como bisexual. Mantivo unha longa relación co seu socio, o arquitecto Sergio Galeotti, quen faleceu dun ataque ao corazón en 1985.[6][7][8] Armani é afeccionado ao club de fútbol Inter de Milán.[9] Dende 2008 é dono do equipo de baloncesto EA7 Emporio Armani Olimpia Milano.
Notas
editar- ↑ Molho 2007, pp. 28–29.
- ↑ Molho 2007, pp. 33–36.
- ↑ Pizzi, Sara (16 de maio de 2010). "Giorgio Armani". Vogue. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2021.
- ↑ Giorgio Armani costume design drawings for AMERICAN GIGOLO. Margaret Herrick Library (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Consultado o 19 de maio de 2015.
- ↑ Snead, Elizabeth (28 de xuño de 1987). "'The Untouchables': A Clothes Controversy". Sun-Sentinel. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2021.
- ↑ "Armani, Giorgio (b. 1934)". glbtq.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de abril de 2015.
- ↑ Will Giorgio Armani be the Last Fashion Designer? New York. Consultado o 24 de abril de 2015.
- ↑ Giorgio Armani and Sergio Galeotti: A Love Story LuxeMag, 21 de xullo de 2010. Consultado o 24 de abril de 2015.
- ↑ "Giorgio armani biography". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 01 de xullo de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giorgio Armani |
Bibliografía
editar- Molho, Renata (2007). Being Armani: A Biography. Milán: Baldini Castoldi Dalai. ISBN 978-88-6073-296-5.
Ligazóns externas
editar- Páxina da empresa
- Giorgio Armani, UNHCR Goodwill Ambassador Arquivado 16 de marzo de 2014 en Wayback Machine.
- Giorgio Armani interview with Harper's Bazaar Arquivado 27 de outubro de 2009 en Wayback Machine.
- Giorgio Armani costume design drawings for AMERICAN GIGOLO, 1980, Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
- Giorgio Armani at The Fashion Styles