Dolly Pentreath
Dolly Pentreath ou Dorothy Pentreath, nada en 1692 e finada en decembro de 1777, foi unha muller córnica coñecida por ser probabelmente a derradeira falante nativa de córnico. Crese que as súas derradeiras palabras foron "Me ne vidn cewsel Sawznek!" (Eu nunca falarei inglés!). En Cornualla é recordada por maldicir ós que se atopaba cando estaba enfadada. A súa morte supuxo a fin do córnico como lingua viva.
Dolly Pentreath | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1692 |
Lugar de nacemento | Cornualla, ![]() |
Falecemento | decembro de 1777 |
Lugar de falecemento | Cornualla, ![]() |
Soterrada | Cornualla |
Nacionalidade | Reino de Gran Bretaña |
Ocupación | fishmonger e adivinho |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pentreath viviu na parroquia de Paul, preto de Mousehole, onde está enterrada. En 1860 Louis Lucien Bonaparte, sobriño de Napoleón I de Francia, estableceu un monumento na súa honra na igrexa da vila.
Ó igual que ocorre con outros "últimos falantes nativos", existe unha certa controversia sobre o seu status. William Bodinar (finado en 1794) aprendeu córnico de neno e, en 1776, aínda lembraba o suficiente como para escribir unha carta en dita lingua.[1]. Posteriormente, o córnico mantivo un certo uso, unhas poucas persoas aprendérono de xeito illado e algunhas palabras de orixe córnica aínda se empregan hoxe en día no dilecto do inglés que se fala en Cornualla. Porén, a lingua foi revivida no século XX e na actualidade, algúns nenos e mozos falan o córnico como lingua materna. No 2006 estimouse que había 3.500 falantes de córnico nun nivel básico.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Artigo de Dolly Pentreath (en inglés)
- Dolly Pentreath (en inglés)