John Davey

John Davey, nado en Boswednack, Zennor, en 1812 e finado en 1891, foi un granxeiro córnico coñecido por ser unha das últimas persoas con algúns coñecementos da lingua córnica. Segundo Henry Jenner, o seu nivel de habilidade na lingua non estaba claro, pero probabelmente se limitase a unha poucas palabras e frases. Traballou como mestre en Zennor durante unha tempada e afirmaba que o que sabía de córnico aprendérallo o seu pai. Unha canción atribuída á súa memoria, "Cranken Rhyme", non procede de ningunha fonte anterior e pénsase que é un dos últimos vestixios da tradición literaria en córnico.

John Davey
Nacemento1812
 Cornualles
Falecemento1891
Ocupaciónlabrego
editar datos en Wikidata ]

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar