Henry Jenner, nado en St Columb Major o 8 de agosto de 1848 e finado o 8 de maio de 1934 foi un investigador das linguas celtas, escritor e activista cultural córnico. Foi o impulsor do rexurdimento da lingua córnica.

Infotaula de personaHenry Jenner

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1848 Editar o valor en Wikidata
Cornualla, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte8 de maio de 1934 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Hayle, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLelant (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grand Bard (en) Traducir
1928 – 1934 – Robert Morton Nance → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaXacobitismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLinguas célticas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbibliotecario , arqueólogo , tradutor , tradutor da Biblia Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e Lingua córnica Editar o valor en Wikidata
Participou en
Royal Cornwall Polytechnic Society (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKitty Lee Jenner (1877–valor descoñecido)
PaiHenry Jenner (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentesHerbert Jenner-Fust (en) Traducir (avó) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
12 de xullo de 1877matrimonio (St Erth (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Premios

Musicbrainz: cd2fecff-4c8b-480b-85cd-797371466dfe Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Henry Lascelles Jenner, sacerdote anglicano que máis tarde acadaría a dignidade de bispo e neto do xuíz Herbert Jenner-Fust.[1] En 1869 Jenner logrou un posto como empregado da división de sucesións do Tribunal Superior e dous anos despois empezou a traballar no departamento de manuscritos antigos do Museo Británico.

Lingua córnica

editar
 
Placa en St Columb Major, na antiga sancristía, onde traballaba seu pai

Interesado nas linguas célticas, leu varias disertacións na Sociedade Filolóxica de Londres sobre o córnico entre 1873 e 1876 e tamén sobre outras linguas celtas, en especial o manx. En 1877 descubriu, mentres traballaba no Museo Británico, corenta e dúas liñas dunha obra medieval escrita en córnico arredor do ano 1450, coñecida como Keynskrif an Chartour ou The Charter Fragment.

En 1901 fundou con L. C. R. Duncombe-Jewell a primeira sociedade da lingua córnica "Cowethas Kelto-Kernuak". En 1904 publicou A Handbook of the Cornish Language, obra considerada o inicio do rexurdimento córnico. A súa versión de córnico baseábase na fala do oeste de Cornualla no século XVIII non obstante o seu discípulo Robert Morton Nance orientaríaa máis tarde cara ao córnico medieval. Na edición de 2010, Michael Everson publicou unha nova edición con tres ensaios publicados anos antes e varias tarxetas de Nadal e ano novo con versos en córnico e inglés.[2]

De ideas políticas conservadoras e xacobitas, foi chanceler da Order of the White Rose, formada por simpatizantes dos Stuart e tamén apoiou o xornal The Royalist, que se publicou entre 1890 e 1905.[3]

 
Placa conmemorativa na casa dos Jenners en Hayle

Despois de traballar no Museo Británico durante máis de corenta anos en 1909 Jenner e a súa dona Kitty[4] establecéronse en Hayle, a cidade natal da súa esposa, e en xaneiro de 1912 converteuse en bibliotecario da Morrab Library, un posto que ocupou ata 1927. Tamén actuou como presidente da Royal Cornwall Polytechnic Society e da Royal Institution of Cornwall.[5] e foi Gran Bardo da Gorsedh Kernow de 1928 a 1934 utilizando o nome bárdico de Gwas Myha. Contribuíu a Catholic Encyclopedia con artigos sobre ritos litúrxicos católicos.[6]

  1. Obituario. The Times. 10 de maio de 1934. 
  2. Jenner, Henry. 2010. Henry Jenner's Handbook of the Cornish Language Revised by Michael Everson. Cathair na Mart: Evertype. ISBN 978-1-904808-37-4
  3. P. W. Thomas (maio de 2005). Oxford Dictionary of National Biography, ed. Henry Jenner. 
  4. Peter W. Thomas, "Jenner, Henry (1848–1934)", Oxford Dictionary of National Biography, online edn,[1].
  5. Peter W. Thomas, 'Jenner, Henry (1848–1934)', Oxford Dictionary of National Biography, online edn, Oxford University Press, May 2005 [2]
  6. Articles on the Liturgical use of Creeds, the Celtic Rite [3], Mozarabic Rite [4], East Syrian Rite [5], Ambrosian Liturgy and Rite [6], the Gallican Rite [7] at the Catholic Encyclopedia.