Pobos papúas
Os papúas[2] son un conxunto de pobos indíxenas da illa de Nova Guinea e as illas veciñas, que falan as diferentes linguas papúas. Diferéncianse lingüística e etnicamente dos austronesios, que son falantes dunha familia lingüística introducida en Nova Guinea hai trescentos anos.
Pobos papúas | |
---|---|
Sing-sing, reunión de diferentes tribos na provincia de Enga. | |
Poboación | |
Poboación total: c | |
Rexións principais: | |
Papúa Nova Guinea | - |
Indonesia | 2 693 630 (censo de 2010)[1] |
Timor Leste | - |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas papúas Linguas trans-neoguineanas Lingua indonesia |
Relixión | Cristianismo, islam e animismo |
Grupos relacionados | Aborixes australianos e melanesios e insulares do estreito de Torres |
Linguas papúas
editar- Artigo principal: Linguas papúas.
O gran número de grupos étnicos distinguibles na illa de Nova Guinea e os arquipélagos adxacentes reflíctese na gran diversidade lingüística desta rexión xeográfica. Dende comezos do século XX, antropólogos e lingüistas traballaron para documentar as linguas papúas, clasificalas e reconstruír a súa historia pasada. O traballo conxunto de antropólogos e lingüistas permitiu aclarar a etnoxénese dos pobos de Nova Guinea e os arquipélagos achegados.
Xenética
editarNun estudo de 2005 sobre variacións do xene ASPM, Mekel-Bobrov et al. descubriron que os pobos papúas teñen a taxa máis alta do haplogrupo D do recentemente evolucionado ASPM, co 59,4% de ocorrencia do alelo de 6 000 anos de antigüidade.[3] Malia que non se coñece exactamente cal é a vantaxe selectiva que proporciona este xene, o alelo do haplogrupo D crese que foi seleccionado positivamente en poboacións para conferir algunha vantaxe substancial que fixo que a súa frecuencia medrase axiña.
Os principais haplogrupos do cromosoma Y dos pobos papúas son o haplogrupo K2b1 (Y-DNA) e o haplogrupo C1b2a.[4]
Grupos étnicos papúas
editarTerritorio indonesio
editarTerritorio de Papúa Nova Guinea
editarGalería de imaxes
editar-
Nenos papúas en Yengisa, Papúa Nova Guinea.
-
Danza tradicional papúa.
-
Rapazas papúas.
Notas
editar- ↑ "Kewarganegaraan, Suku Bangsa, Agama, Dan Bahasa Sehari-Hari Penduduk Indonesia". Badan Pusat Statistik. 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2017. Consultado o 18 de xullo de 2017.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papúa.
- ↑ "Ongoing Adaptive Evolution of ASPM, a Brain Size Determinant in Homo sapiens", Science, 9 de setembro de 2005: Vol. 309. no. 5741, pp. 1720–1722.
- ↑ 崎谷満『DNA・考古・言語の学際研究が示す新・日本列島史』(勉誠出版 2009年)(en xaponés)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- W. G. Lawes (1882). Popular Science Monthly, ed. New Guinea and Its People.