Science (en galego, ciencia) é a revista científica e órgano de expresión da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (American Association for the Advancement of Science, AAAS).

Science
Logo
AcrónimoScience
Tiporevista científica, revista académica, revista e publicacion periódica
Campo de traballociencia
Data de fundación1880
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades e George Polk Award
SedeWashington, D.C.
Na rede
http://www.sciencemag.org/, http://sciencemag.org, http://books.google.com/books?id=cgwuAAAAMAAJ, http://books.google.com/books?id=uKaYkFOmxa4C, http://books.google.com/books?id=BLsCAAAAIAAJ, http://books.google.com/books?id=YffOnPg37wwC, https://www.sciencemag.org/ e https://www.science.org
Facebook: ScienceMagazine Twitter: ScienceMagazine Instagram: sciencemagazine Youtube: UCv0aU2eKry3kdSTnFa8QAWA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Science foi fundada en Nova York por John Michaels en 1880 co soporte financeiro de Thomas Edison e posteriormente de Alexander Graham Bell. Inicialmente non ten moito éxito e finaliza seu publicación en marzo de 1882. Un ano despois, o entomólogo Samuel H. Scudder recupera a revista alcanzando un maior renome ao cubrir as reunións das sociedades científicas americanas, incluíndo a AAAS[1]. Con todo, en 1884, de novo ten problemas financeiros e foi vendida ó psicólogo James McKeen Cattell por 500$. Nun acordo entre Cattell e o secretario naquel tempo da AAAS, Leland O. Howard, Science pasa a ser o órgano de expresión da Sociedade Americana polo Avance da Ciencia en 1900.[2] Durante os primeiros anos do século XX son publicados en Science, artigos como a xenética da mosca do vinagre por Thomas Hunt Morgan, artigos de Albert Einstein sobre gravitación, e a nebulosa espiral de Edwin Hubble.[3] . Despois da morte de Cattell en 1944, a propiedade da revista pasou á AAAS.[4]

Adóptase como a revista da Asociación Americana polo Avance da Ciencia en 1900. O maior obxectivo da revista é a publicación de achados de investigación recente (fonte primaria). Science é tamén coñecida polos seus science-related news, que é unha publicación sobre política científica e outros asuntos en relación coa área das ciencias e tecnoloxía. Cobre un amplo rango de disciplinas científicas, pero ten especial interese nas ciencias da vida. Ten un factor de impacto en 2014 de 33.611 (medido por Thomson ISI).

En 2007 está revista foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades xunto coa revista Nature.

  1. AAAS, "150 Years of Advancing Science: A History of AAAS Origins: 1848-1899", 2004
  2. AAAS, "150 Years of Advancing Science: A History of AAAS AAAS and Science: 1900–1940", 2004
  3. AAAS and Science: 1900-1940. American Association for the Advancement of Science.
  4. AAAS - History and Archives. American Association for the Advancement of Science.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar