Lingua indonesia
A lingua indonesia (Bahasa Indonesia) é a lingua oficial de Indonesia. É un dialecto estandarizado da lingua malaia que foi oficialmente definida coa declaración da independencia de Indonesia en 1945, aínda que tódolos xeitos permanecen co seu carácter similar.
Lingua Indonesia Bahasa Indonesía | ||
---|---|---|
Falado en: | Indonesia, Timor Leste | |
Rexións: | Indonesia, Malaisia, sur de Filipinas, Timor Leste, Suriname, Nova Caledonia, Países Baixos | |
Total de falantes: | Máis de 200 millóns | |
Posición: | 8 | |
Familia: | Linguas austronesias Linguas malaio-polinesias Malaio Lingua Indonesia | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Indonesia | |
Regulado por: | Pusat Bahasa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | id
| |
ISO 639-2: | ind | |
ISO 639-3: | ind
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
En orixe era unha lingua sen falantes nativos, hoxe unha parte da xente nova das cidades adoptouna a expensas das súas linguas nativas como a lingua xavanesa, a lingua sundanesa etc. por mor da súa prevalencia no ensino, medios de comunicacións, literatura e vida oficial de Indonesia, entre 17 e 30 000 000 teñen a lingua como nativa e outros 140 000 000 como segunda lingua, aínda que o grao de coñecemento e uso varía grandemente entre as diferentes rexións. En Timor Leste, sen carácter oficial des que no 2002 conseguiu a independencia pero que mantén o carácter de lingua de traballo segundo a constitución é aínda falada pola poboación nova escolarizada durante a época da ocupación indonesia.
Notas Editar
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén Editar
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua indonesia |
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Introdución á lingua indonesia na web Linguas do mundo e tipoloxía lingüística, da Universidade de Vigo.
- O indonesio no Ethnologue (en inglés).