Membro superior

(Redirección desde «Extremidade superior»)

A extremidade superior ou membro superior refírese ao ombreiro, brazo, antebrazo e man, no ser humano e noutros bípedes.

Membro superior
Vista frontal do membro superior dereito
Vista de atrás do membro superior dereito
Latín membrum superius
Gray's pág.1325

Características

editar

Composta por cerca de trinta ósos articulados entre si, a extremidade superior do corpo humano está constituída, a partir do pescozo, polo ombro (articulación), brazo, cóbado (articulación), antebrazo, pulso (articulación), man e dedos (estes coas articulacións, tamén chamadas nós).

 
Músculos do brazo

Nos primates, os brazos están adaptados non só para trepar axilmente, senón tamén para actividades máis complexas, principalmente respecto á manipulación de obxectos. A articulación do ombreiro permite o movemento dos brazos nun plano case completamente circular, en canto que a presenza de dous ósos no antebrazo (o ulna e o radio) que poden rodar un ó redor do outro permite unha gama extra de movementos, que non se dan na maior parte dos vertebrados.

Ósos do membro superior

editar

No membro superior áchanse os seguintes ósos:

Articulacións

editar

No membro superior sitúanse varias articulacións, cuxo obxectivo é proporcionar mobilidade para a man. No ombreiro fórmase unha complexa articulación, constituída por tres unións:

As tres articulacións manteñen estable o ombreiro e permiten múltiples movementos.

Entre o brazo e o antebrazo áchase o cóbado, na que participan o óso radio, o cúbito e o úmero. A epífise inferior umeral contén un cóndilo e unha tróclea. Ao lado do cóndilo (epicóndilo) e ao lado da tróclea (epitróclea) insírense numerosos músculos do antebrazo. O cóndilo artéllase co radio e a tróclea co cúbito.

O radio e o cúbito artéllanse entre si, permitindo os movementos de pronación e supinación. Hai dúas articulacións radiocubitais en cada membro superior, unha superior e outra inferior.

A epífise distal ou inferior do radio e do cúbito artéllase co carpo, formando a articulación do pulso. Radio e cúbito constitúen unha cavidade condiloide, e os oito ósos dos carpo forman un cóndilo. Pola súa banda, os ósos do carpo, distribuídos en dúas fileiras de catro (proximal e distal), artéllanse entre si formando as articulacións intercarpais e a aarticulación mediocarpal.

Por debaixo, o carpo artéllase cos cinco ósos do metacarpo, mediante as articulacións carpometacarpianas. O metacarpo forma o esqueleto da palma da man. Os ósos metacarpais artéllanse entre si, a través das articulacións intermetacarpais.

O metacarpo artéllase inferiormente coas falanxes, que forman o esqueleto dos dedos, a través das articulacións metacarpofalánxicas e entre si mediante as articulacións interfalánxicas da man.

Vascularización

editar

Vascularización arterial

editar

A vascularización arterial do membro superior provén da arteria subclavia, que é unha rama da aorta no lado esquerdo e do tronco braquiocefálico arterial no lado dereito. Ao entrar na axila, a subclavia cambia de nome para chamarse arteria axilar. A través da axila, entra no brazo, dando lugar a súa rama terminal, a arteria umeral. A umeral dá lugar a unha rama grande, a arteria umeral fonda, que discorre pola parte posterior do brazo. A arteria umeral fonda abastece o úmero dende atrás e forma un plexo arterial en torno ao cúbito. A arteria umeral dá lugar a dúas ramas terminais, a arteria radial e a arteria cubital, ambas no antebrazo.

A arteria radial discorre pola parte externa ou lateral do antebrazo, por encima do óso radio, mentres que a arteria cubital discorre por dentro, por encima do cúbito. Ao longo do seu traxecto dan lugar a varias pequenas ramas, para nutrir os ósos e os músculos da rexión.

As arterias entran na man a través do pulso. A este nivel, son vasos de calibre máis reducido e pasan polo arco do carpo, onde poden sufrir compresións. Da arteria radial deriva o arco palmar arterial fondo da man, mentres que da arteria cubital deriva o arco palmar arterial superficial da man. Ambos arcos arteriais están conectados entre si por pequenas ramas.

Dos arcos arteriais derivan pequenas ramas cara aos dedos, que son as arterias dixitais palmares comúns.

Vascularización venosa

editar

O sistema venoso do membro superior consta dunha parte superficial e doutra fonda. Ambas comezan na man, nas veas dixitais dorsais e veas dixitais palmares. Na man e no pulso fórmanse varios arcos venosos, un superficial e outro fondo. Drenan cara ao antebrazo, a veas fondas (vea radial, vea cubital e vea braquial) e a veas superficiais (vea cefálica, vea cefálica acesoria, vea mediana cubital, vea mediana antebraquial, vea basílica). As veas do antebrazo drenan nas veas do brazo ou continúan por el. Finalmente rematan na vea axilar, na vea subescapular ou na vea circunflexa escapular, que transportan o sangue cara á vea cava superior e finalmente ao corazón.

Vasculatura linfática

editar

A drenaxe linfática comeza na man, a través de pequenos vasos linfáticos, que no antebrazo discorren cara ao cóbado, acompañando a diversas veas, coma a cefálica ou a mediana. Drenan nos ganglios linfáticos epitrocleares, nos ganglios linfáticos deltoidopectorais e nos ganglios linfáticos axilares. Dende o cóbado, percorren o brazo, ata a axila. Algúns drenan nos ganglios linfáticos cervicais fondos. Outros derivan a linfa cara ao tronco linfático subclavio, que a deposita no sistema venoso, na vea xugular interna ou na vea subclavia.

Innervación

editar

A innervación do membro superior procede do plexo braquial, a través dos nervios espiñais cervicais e primeiro nervio torácico. Do plexo braquial derivan numerosas ramas colaterais, o nervio torácico longo, o nervio dorsal da escápula, o nervio subclavio e o nervio supraescapular. Tras o paso pola axila, o plexo divídese en tres fascículos, medial, lateral e posterior. Do fascículo medial deriva o nervio pectoral medial, o nervio cutáneo medial do brazo, o nervio cutáneo medial do antebrazo e o nervio cubital. Do fascículo lateral derivan o nervio pectoral lateral e o nervio musculocutáneo. Os fascículos medial e lateral forman o nervio mediano, que continúa cara ao antebrazo. Do fascículo posterior do plexo braquial derivan o nervio subescapular superior e o inferior, o nervio toracodorsal e o nervio axilar.

Do tronco secundario posterior deriva o nervio radial, que se dirixe cara ao antebrazo. Nel dá lugar a diversas ramas sensitivas e motoras. Unha rama sensitiva accede á man a través do arco do carpo. A rama terminal posterior innerva diversos músculos da man.

O nervio mediano tras pasar polo antebrazo, entra na man a través das corredoiras flexoras, polo tanto, distribúese pola palma da man.