Articulación radiocubital inferior

(Redirección desde «Articulación radio-cubital inferior»)

A articulación radiocubital inferior ou distal é unha articulación do membro superior humano, pertencente ao antebrazo. A diferenza coa superior non forma parte do cóbado.

Superficies articulares editar

Coma na superior, fórmana o radio e o cúbito. Artéllanse mediante unha superficie articular en cada epífise distal de cada óso, por dentro no radio e por fóra no cúbito. Pódese atopar unha cartilaxe entre ambas superficies, que evita o rozamento directo de ambos ósos.

Ligamentos de reforzo editar

A cartilaxe articular emite febras cara ao radio, ao cal queda ancorado. Tamén emite febras cara ao carpo, poñéndose en contacto coa articulación do pulso. Diferenciánse dous ligamentos importantes, o ligamento radiocubital anterior e o ligamento radiocubital posterior. Entre estes dous ligamentos e outras febras, fórmase o complexo ligamentoso triangular do carpo.

Función editar

Facilita os movementos de pronación e supinación, nos que o radio se sitúa por enriba do cúbito. Ten unha mobilidade reducida.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)