Vea basílica
A vea basílica é unha vea superficial do membro superior, pertencente ao antebrazo. Recolle o sangue procedente da rede venosa dorsal da man e percorre todo o antebrazo, por debaixo da pel, entre a graxa e diversas fascias de tecido conxuntivo. A altura da fosa do cóbado adoita conectarse coa vea cefálica, a través da vea mediana. A vea mediana non é constante e pode non existir nalgunhas persoas. A conexión entre a vea basílica e a cefálica non é polo tanto constante nin indispensable.
Vea basílica | |
---|---|
Veas da axila dereita, vistas desde a fronte | |
Veas superficiais do membro superior. | |
Orixe | Veas fondas da man |
Drena en | Vea axilar |
Tras pasar polo bordo interno do cóbado, entra no brazo. Á altura do terzo medio, fura a aponeurose e faise máis fonda, pasando por debaixo do músculo redondo maior. Finalmente conecta coa vea braquial ou umeral, e esta conectará coa vea axilar.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)