Vea mediana antebraquial
A vea mediana antebraquial é unha vea do membro superior humano, pertencente ao antebrazo. Drena o sangue da palma da man e percorre o antebrazo, pola parte interna ou medial, por enriba do óso cubital. A altura da fosa do cóbado pode desembocar na vea basílica ou na vea mediana. Nalgúns casos, esta vea divídese en dúas, a altura do cóbado. Unha póla únese á vea basílica e a outra á vea cefálica.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.