Pablo Gabriel García Pérez
Pablo Gabriel García Pérez, nado o 11 de maio de 1977 en Pando, Uruguai, é un futbolista que xoga na demarcación de mediocentro defensivo.
Pablo García | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Pablo Gabriel García Pérez | ||
Nacemento | 11 de maio de 1977 (46 anos) | ||
Lugar de nacemento | Pando | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1996-1997 | Montevideo Wanderers FC | 35 | (1) |
1997 | → CA Peñarol (Cedido) | 9 | (0) |
1997–2002 | Atlético de Madrid B | 38 | (3) |
1998 | → Real Valladolid (Cedido) | 1 | (0) |
2000-2001 | → AC Milan (Cedido) | 5 | (0) |
2001–2002 | → FBC Unione Venezia (Cedido) | 14 | (0) |
2002-2005 | CA Osasuna | 78 | (6) |
2005-2006 | Real Madrid | 22 | (0) |
2006-2007 | Celta de Vigo | 14 | (0) |
2007-2008 | Real Murcia | 21 | (0) |
2008-2013 | PAOK Tesalónica FC | 93 | (4) |
2014- | Skoda Xanthi FC | ||
Selección nacional | |||
1997-2007 | Selección de fútbol do Uruguai | 66 | (2) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Comezou a xogar no Montevideo Wanderers FC e tras un breve paso polo CA Peñarol fichou polo Atlético de Madrid, xogando no seu segundo equipo. O equipo madrileño cedeuno ao AC Milan e posteriormente ao FBC Unione Venezia. No verán de 2002 ficha polo CA Osasuna, baixo as ordes de Javier Aguirre. No club navarro pasaría os mellores anos da súa carreira, ese bo papel faría que o Real Madrid se fixase nel, fichándoo no ano 2005.
No Real Madrid nunca chegou a convencer os técnicos polo que ao ano seguinte é cedido ao Celta de Vigo[1], que buscaba reforzarse de cara ao seu retorno a Copa da UEFA, porén as lesións non lle permitiron ter continuidade e o seu paso polo Celta sería testemuñal, a tempada remataría co descenso do equipo a Segunda División
Ao ano seguinte foi cedido de novo ao Real Murcia, onde ofreceu un mellor rendemento pero sen chegar ao nivel demostrado en Pamplona. O 10 de xullo de 2008 remata o contrato co Real Madrid, cando fichou polo PAOK Tesalónica FC. No 2013 fichou polo AC Skoda Xanthi.
Notas editar
- ↑ "El Celta presenta al uruguayo Pablo García". AS (en castelán). 30 de agosto de 2006.