Rodolfo Rodríguez

futbolista uruguaio

Rodolfo Sergio Rodríguez Rodríguez, nado o 20 de xaneiro de 1956 en Montevideo, é un exfutbolista uruguaio. Xogaba na posición de porteiro e foi internacional coa selección uruguaia, sendo o xogador que máis veces vestiu a camisola nacional.

Rodolfo Rodríguez
Información persoal
Nome Rodolfo Sergio Rodríguez Rodríguez
Nacemento 20 de xaneiro de 1956 (68 anos)
Lugar de nacemento Montevideo
Altura 1,87 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1971–1976 Cerro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1976 Cerro
1976–1984 Nacional
1984–1988 Santos
1988–1989 Sporting Lisboa
1990–1992 Portuguesa
1992–1994 Bahia
Selección nacional
1976–1986 Uruguai 79 (0)
Na rede
FIFA: 181137 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira en Cerro en 1971, sendo transferido a Nacional en 1976. No equipo do Parque Central Rodríguez xogou até 1984, obtendo o Campionato Uruguaio de Fútbol de 1977, 1980 e 1983, a Copa Liberadores 1980 e a Copa Intercontinental de 1980, consagrándose como un dos mellores porteiros da historia do equipo tricolor.

En 1984, Rodríguez foi vendido ao Santos do Brasil, club co que gañou o Campionato Paulista de 1984. Permaneceu no equipo de Pelé até 1987, converténdose nun dos grandes ídolos da afección. En 1986 foi convocado para xogar na súa selección o Mundial de México 1986, pero unha grave lesión na xira previa deixouno sen disputar o Mundial.

En 1987 Rodríguez pasa a xogar no fútbol europeo, máis precisamente no Sporting de Lisboa, club no que estivo até 1989. En 1990, Rodríguez retorna ao Brasil para xogar en Portuguesa, e en 1992 firma co Bahia, equipo co que gaña o Campionato Baiano en 1993 e no ano do seu retiro do fútbol, 1994.

Selección nacional editar

Coa selección celeste, gañou a Copa de Ouro en 1980, e a Copa América de 1983. Formou parte do cadro uruguaio que disputou a Copa Mundial de Fútbol de 1986, pero non puido xogar ningún partido, por estar lesionado. Rodolfo Rodríguez é o futbolista con máis presenzas na selección de fútbol do Uruguai ao disputar 78 encontros, recibindo 69 goles.

Participaciones en Copa América editar

Copa Sede Resultado PX (G)
Copa América 1979 Sen sede fixa Primeira fase 4 (-5)
Copa América 1983 Sen sede fixa Campión 8 (-6)

Palmarés editar

Campionatos rexionais editar

Título Club País Ano
Campionato Paulista Santos Brasil 1984
Campionato Baiano Bahia Brasil 1993

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai 1977
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai 1980
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai 1983

Copas internacionais editar

Título Club País Ano
Suramericano Sub-20 Selección xuvenil do Uruguai 1975
Copa Libertadores Nacional Uruguai 1980
Copa Intercontinental Nacional Uruguai 1980
Copa de Ouro Selección de fútbol do Uruguai 1980
Copa América Selección de fútbol do Uruguai 1983