Abrir o menú principal

Cape Town Stadium

(Redirixido desde "Estadio Cape Town")

O Cape Town Stadium en Cidade do Cabo, Suráfrica, é un estadio deportivo construído para o Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010.[1] Durante a fase de proxecto o estadio era coñecido como Green Point Stadium, o cal era o nome da zona deportiva que estaba situada no lugar previamente. Ese nome é aínda ás veces utilizado na documentación do Mundial.

Cape Town Stadium
2011-02-06 South Africa - Cape Town Stadium.jpg
Flag of South Africa.svg Kaapstad-stadion
Datos
LocalizaciónCidade do Cabo, Suráfrica
Construción
Inauguración14 de decembro de 2009
ArquitectoGMP Architekten
Custo$600 millóns
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade69.070
PropietarioKaapstad
Eventos

O estadio está situado en Green Point, entre o outeiro de Signal e o Océano Atlántico, preto do centro da cidade de Cidade do Cabo e ao Victoria & Alfred Waterfront, un popular centro de comercio e turismo. O estadio ten capacidade para 69.070 espectadores.[2] É tamén coñecido como o African Renaissance Stadium (Estadio do Rexurdimento Africano).

DatosEditar

Levantado sobre os terreos que ocupaba un antigo campo de golf, Green Point (situado no barrio homónimo de Cidade do Cabo) sitúase moi próximo ao Océano Atlántico, nunha zona próxima aos principais centros de transportes da cidade. O seu aforamento durante a Copa do Mundo de Fútbol será de 69.070 espectadores, divididos nun anfiteatro inferior de 23.800 e dous superiores de 23.000 espectadores cada un, sendo o segundo de maior capacidade do campionato. O custo total do complexo foi de 600 millóns de dólares. A pesar de que o prazo orixinal estipulado pola FIFA para a súa finalización expiraba en 2008, diferentes problemas atrasaron esta data. Finalmente, foi inaugurado o 14 de decembro de 2009. A cidade xa posuía outro gran estadio, o Estadio Newlands, onde se disputaron encontros correspondentes á Copa do Mundo de Rugby de 1995, que pasará a albergar exclusivamente encontros de rugby.

Copa do Mundo 2010Editar

PartidosEditar

O Cape Town Stadium albergou durante o campionato oito encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, e un de cuartos de final e unha semifinal. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
11 de xuño Primeira rolda Uruguai  
0 - 0
  Francia
64.100
14 de xuño Primeira rolda Italia  
1 - 1
  Paraguai
62.869
18 de xuño Primeira rolda Inglaterra  
0 - 0
  Alxeria
64.100
21 de xuño Primeira rolda Portugal  
7 - 0
  Corea do Norte
63.644
24 de xuño Primeira rolda Camerún  
1 - 2
  Países Baixos
63.093
29 de xuño Oitavos de final España  
1 - 0
  Portugal
62.955
3 de xullo Cuartos de final Arxentina  
0 - 4
  Alemaña
64.100
6 de xullo Semifinal Uruguai  
2 - 3
  Países Baixos
62.479

NotasEditar

  1. "Stadium Complete". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2011. Consultado o 10 de xuño de 2010. 
  2. African Renaissance Stadium

Véxase taménEditar