Keisuke Honda
Keisuke Honda (本田 圭佑 Honda Keisuke?) nado en Settsu, Osaca, o 9 de setembro de 1991, é un futbolista internacional xaponés que xoga como mediapunta, aínda que tamén pode ocupar a posición de dianteiro, para o Botafogo da Série A. É coñecido polos seus lanzamentos de falta e a súa habilidade para canear. Foi convocado máis de 60 veces coa súa selección desde o ano 2008, coa que xogou as Copas do Mundo de Suráfrica 2010 e Brasil 2014 e gañou a Copa Asiática de 2011, onde foi elixido como mellor xogador do torneo. Alén de xogador, é o adestrador da selección de Camboxa.
Keisuke Honda 本田 圭佑 | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Keisuke Honda | ||
Nacemento | 13 de xuño de 1986 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Settsu | ||
Altura | 1,82 m | ||
Posición | Mediapunta / Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual |
Botafogo (xogador) Camboxa (adestrador) | ||
Número | 4 | ||
Carreira xuvenil | |||
1994–1998 | Settsu FC | ||
1999–2001 | Gamba Osaka | ||
2002–2004 | Instituto Seiryō | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005–2007 | Nagoya Grampus | 90 | (11) |
2008–2010 | VVV-Venlo | 68 | (24) |
2010–2014 | CSKA Moscova | 94 | (20) |
2014–2017 | Milan | 81 | (9) |
2017–2018 | Pachuca | 29 | (10) |
2018–2019 | Melbourne Victory | 18 | (7) |
2019 | Vitesse | 4 | (0) |
2020– | Botafogo | 1 | (1) |
Selección nacional | |||
2005 | Xapón sub-20 | 1 | (0) |
2006–2008 | Xapón sub-23 | 18 | (5) |
2008–2018 | Xapón | 98 | (37) |
Adestrador | |||
2018– | Camboxa | ||
Na rede | |||
http://en.keisuke-honda.com/ | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 27 de xullo de 2020 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Comezos editar
Honda naceu en Settsu, cidade situada ao norte de Osaca, o 13 de xuño de 1986. Honda comezou a xogar ao fútbol no Settsu FC, o club da súa cidade natal, cando era un estudante de segundo grao na escola primaria. Posteriormente incorpórase con 13 anos ás categorías inferiores do Gamba Osaka. Alí permanece dous anos até que ingresa na Escola Secundaria Seiryo, situada na Prefectura de Ishikawa. Honda destaca no equipo de fútbol e convértese nun dos seus xogadores clave. Con el o equipo chega por vez primeira na historia da escola á fase final do "Torneo de fútbol do Xapón de Escolas Secundarias" (全国高等学校サッカー選手権大会 Zenkoku kōtō gakkō sakka senshuken taikai?). Debido á súa actuacción comeza a ser seguidos por varios equipos da J. League.