Copa do Mundo de Fútbol
A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo conta con dúas fases principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 32 seleccións nun período aproximado dun mes.
Nome na lingua orixinal | (en) FIFA World Cup |
---|---|
Tipo | competición internacional de seleccións de fútbol |
Organizador | FIFA |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1930 – |
Período de ocorrencia | 4 (1930–valor descoñecido) |
Outro | |
Cancelo | #FIFAWorldCup |
Páxina web oficial | fifa.com… |
A primeira edición do Mundial organizouse en 1930 no Uruguai, coa vitoria da selección anfitrioa, e dende entón foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á segunda guerra mundial. A selección do Brasil é a selección que acadou máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións. Trala selección brasileira sitúanse Alemaña e Italia, con catro títulos cada unha, a Arxentina, o Uruguai e Francia con dous e, cun só título, Inglaterra e España.
O torneo presenta unha forte dominación dos equipos europeos e suramericanos: os primeiros gañaron o título en 12 ocasións, mentres que os segundos en nove. Ademais tan só dous equipos doutras confederacións xeográficas teñen chegado ás semifinais: os Estados Unidos en 1930 e Corea do Sur en 2002. Ademais, o Brasil (en 1958 e 2002), España (en 2010) e Alemaña (en 2014) foron até o momento os únicos equipos que conseguiron gañar fóra do seu continente. A fase final da Copa do Mundo é o evento dunha soa disciplina máis seguido do mundo (a edición de 2002 foi vista por máis de 1.100 millóns de espectadores), e o segundo máis seguido en xeral tan só por detrás dos Xogos Olímpicos de Verán.
Historia
editarAs primeiras competicións internacionais
editarO primeiro amigable internacional de Fútbol foi xogado en 1872, entre Inglaterra e Escocia, nun momento en que este deporte era raramente practicado fóra de Gran Bretaña. No final do século XIX o fútbol comezou a gañar máis adeptos, e por iso se tornou en deporte de demostración (sen disputa de medallas) nos Xogos Olímpicos de 1900 e 1904, ata se converter en competición oficial nos Xogos Olímpicos de 1908. Organizado pola Football Association, era un evento para xogadores non profesionais, e na época non foi considerado unha competición, mais si un mero espectáculo. A selección non profesional da Inglaterra foi a campioa nas dúas edicións, 1908 e 1912.
En 1914 a FIFA recoñeceu o torneo olímpico como unha "competición global de fútbol non profesional", tomando para si a responsabilidade de organizalo. Así, na edición de 1924 enfrontáronse equipos de varios continentes. O Uruguai foi o campión nas dúas edicións, 1924 e 1928. O 28 de maio de 1928 a FIFA tomou a decisión de organizar a competición por separado, polo que deixou de ser un deporte olímpico. Para celebrar o centenario da independencia do Uruguai en 1930 foi decidido que a sede da competición sería no país suramericano, no mesmo ano.
A primeira Copa do Mundo oficial
editarSó trece seleccións participaron na primeira Copa, sete da América Latina (o Uruguai, a Arxentina, Bolivia, o Brasil, Chile, Paraguai e o Perú), catro da Europa (Bélxica, Francia, Iugoslavia e Romanía) e dúas da América do Norte (México e Estados Unidos). Moitas seleccións europeas acabaron desistindo da competición debido á longa e cansada viaxe polo océano Atlántico.
Os dous primeiros partidos da Copa disputáronse simultaneamente, sendo vencidos por Francia e os Estados Unidos, que gañaron a México por 4-1 e a Bélxica por 3-0, respectivamente. O primeiro gol nunha Copa do Mundo foi marcado polo xogador francés Lucien Laurent. A final foi disputada entre o Uruguai e a Arxentina, gañando os uruguaios por 4-2, no Estadio Centenario de Montevideo, cun público estimado de 93.000 espectadores. O máximo goleador deste torneo foi o arxentino Guillermo Stábile.
Desenvolvemento
editarOs problemas que atopaban as primeiras edicións do torneo eran as dificultades da época para unha viaxe intercontinental. Nas Copas de 1934 e 1938, xogadas en Europa, houbo unha pequena participación dos países suramericanos. Só a selección brasileira estivo presente nesas dúas edicións. As edicións de 1942 e 1946 foron canceladas debido á segunda guerra mundial.
O Mundial de Fútbol Brasil 1950 foi o primeiro en ter participantes británicos. Estes retiráranse da FIFA en 1920, pois rexeitaban xogar con países cos que recentemente estiveran en guerra e por unha protesta da influencia estranxeira no fútbol, ao considerar que dito deporte, unha invención británica, estaba sendo deturpado polo modo de xogar estranxeiro. A pesar disto, volveron ser membros da FIFA en 1946. O torneo tamén contou coa volta da participación do Uruguai, que boicoteara as dúas edición anteriores.
Entre as edicións de 1934 e 1978 a fase final do torneo era disputada por 16 seleccións (agás nos raros casos onde se retiraron algunhas seleccións). A maioría era da América Latina e Europa, cunha pequena minoría de África, Asia e Oceanía. Esas seleccións normalmente non pasaban da primeira fase, sendo facilmente derrotadas (coa excepción de Corea do Norte, que chegou ata os cuartos de final en 1966).
A fase final foi expandida ata 24 seleccións en 1982, e ata 32 en 1998, permitindo que máis seleccións de África, Asia e América do Norte puidesen participar. Nos seguintes anos eses novos participantes acadaron mellores posicións, como o Camerún, que chegou ata os cuartos de final en 1990 e Corea do Sur, Senegal e Estados Unidos, que fixeron o mesmo en 2002, alcanzando Corea o cuarto lugar.
Símbolos
editarTrofeo
editarDe 1930 a 1970 ao campión entregábaselle a Copa Jules Rimet. Inicialmente coñecida como Copa do Mundo ou Coupe du Monde (en francés), foi renomeada en 1946 en homenaxe ao presidente da FIFA responsable da primeira edición do torneo, en 1930. En 1970, coa terceira vitoria da selección brasileira, esta gañou o dereito a ter en posesión permanente o trofeo. Con todo, este foi roubado da sede da CBF en decembro de 1983, e nunca foi atopado. Crese que os ladróns o teñan derretido.
Despois de 1970 creouse un novo trofeo, chamado Copa do Mundo FIFA. A diferenza do Trofeo Jules Rimet este non se entrega permanentemente a ningunha selección, independentemente do número de títulos. A Arxentina, Alemaña, o Brasil e Italia son os que máis veces acadaron o trofeo. Este so será cambiado ata que a placa no seu pé sexa totalmente enchida cos nomes dos campións de cada edición, o que non ocorrerá ata 2038.
Mascotas
editarDesde o Mundial de 1966 cada edición conta cunha mascota oficial.[1] A primeira da historia foi World Cup Willie, un león futbolista vestido cunha camisola da bandeira do Reino Unido.[2] Catro anos máis tarde, en 1970, a mascota foi Juanito, un neno cun chapeu típico de México, escrito coas palabras "MÉXICO 70" e vestido coas cores da selección mexicana.[2] En 1974, as mascotas alemás occidentais foron Tip e Tap, dous cativo cos brazos no ombro doutro, un deles cunha camisola onde se le "WM" e na doutro "74".[2] Na Copa de 1978, na Arxentina elixiuse ata o de agora a última mascota humana, Gauchito, un meniño gaucho cun chapeu que contiña "ARGENTINA '78", un pano e un rebenque, que tamén aparecía na camisola da selección arxentina e botas de fútbol[2]
A mascota do Mundial de 1982, foi Naranjito,[3] unha laranxa con faciana humanizada, cun balón e usando botas.[2] En 1986, a mascota foi Pique, unha especie de pemento, cun chapeu mariachi e un balón no seu pé dereito. En1990, a mascota foi un obxecto de deseño, Ciao, que representou un futbolista coa cabeza en forma de balón de fútbol e corpo con barras que contiñan as cores do país. Os Estados Unidos volveron á mascota animal para a Copa de 1994, Striker era un can vestido coas cores da bandeira dos Estados Unidos cunha camisola na que aparecía escrito "USA 94". Para a Copa do Mundo de 1998, os organizadores escolleron un galo azul chamado Footix, coas palabras "FRANCE 98" no seu peito. En 2002, o Xapón e Corea do Sur escolleron as mascotas Ato, Kaz e Nik, inspirados no manga[4]. No Mundial de Fútbol de 2006 o escollido foi Goleo VI, un león peluche, vestido cunha camisola branca co número 06 deseñado na fronte, sempre ao lado da súa compañeira, Pille, unha pelota falante. A mascota da Copa do Mundo de 2010 foi Zakumi, un leopardo de cabelos verdes, vestido cunha camisola branca coas letras "SOUTH AFRICA 2010" e pantalóns verde. O seu nome procede de "ZA", abreviación internacional para Suráfrica e "kumi", unha palabra que significa "dez" en varias linguas do país, en referencia ao ano do Mundial[5]. Para o Mundial Brasil 2014 elixiuse a Fuleco, unha mascota con forma dunha especie de armadillo vunerable endémica do nordés do Brasil.
Formato
editarEliminatorias
editarDende a segunda edición do torneo, e 1934, as eliminatorias teñen sido feitas para diminuír o tamaño da fase final. Estas son disputadas nas seis zonas continentais da FIFA (África, Asia, América do Norte e América Central e Caribe, Europa, Oceanía e América do Sur) organizadas polas súas respectivas confederacións. Antes de cada edición do torneo a FIFA decide cantas prazas terán dereito por cada confederación, tendo en conta factores como número de seleccións nacionais e forza de cada confederación. A presión por cada confederación por ter máis prazas tamén acostuma ser bastante común.
As eliminatorias poden comezar tres anos antes da fase final, e duran un pouco máis de dous anos. O formato de cada eliminatoria difire de acordo con cada confederación. Normalmente unha ou dúas prazas son reservadas para os gañadores de play-offs intercontinentais. Por exemplo, o campión da eliminatoria da |Oceanía e o quinto colocado da América do Sur disputaran un play-off para decidir quen ficaría coa praza da fase final 2006.
Dende o mundial de 1938 ata o mundial 2002, o campión era automaticamente clasificado para a próxima Copa, sen precisar pasar polas eliminatorias das súas confederacións. Porén, a partir da edición de 2002 o campión é obrigado a clasificarse normalmente como calquera outra selección. O Brasil, vencedor en 2002, foi o primeiro campión a ter que disputar unha eliminatoria para a Copa seguinte.
A selección do país anfitrión queda exenta igualmente da disputa destas eliminatorias. No mundial de 2002, as seleccións de Corea do Sur e Xapón foron clasificadas directamente.
Fase final
editarA fase final do torneo ten 32 seleccións competindo por un mes no país anfitrión. A fase final é dividida en dúas fases: a fase de grupos e a fase de eliminatorias.
Na primeira fase (grupos) as seleccións son colocadas en oito grupos de catro participantes. Oito seleccións son cabeza de serie de cada grupo (as seleccións consideradas máis fortes) e as outras son sorteadas. Desde 1998 o sorteo é feito evitando que máis dúas seleccións europeas e máis dunha selección da mesma confederación fiquen no mesmo grupo. Na fase de grupos cada selección xoga unha partida contra as seleccións de seu grupo, e as dúas que máis puntuaran se clasifican para a fase de eliminatoria. Desde 1994 a vitoria nun partido vale tres puntos, o empate un e a derrota ningún. Antes, cada vitoria valía dous puntos.
A fase seguinte é unha fase de eliminación rápida. Cada selección xoga unicamente un partido en cada división da fase (oitavos de final, cuartos de final, semi-final e final) e o vencedor pasa para a próxima eliminatoria. En caso de empate no tempo normal o xogo é levado para a prórroga e en caso de empate da mesma hai a disputa de penaltis. As dúas seleccións eliminadas da semi-final fan un partido antes da final para decidir o terceiro e cuarto lugar.
Selección das sedes
editarNas primeiras edicións as sedes era foron escollidas en encontros nos congresos da FIFA. As designacións eran sempre polémicas debido á longa viaxe da América do Sur a Europa (e viceversa), as dúas grandes potencias futbolísticas da época (e aínda hoxe). A decisión da primeira Copa de ser no Uruguai, por exemplo, levou a participación de soamente catro seleccións europeas. As dúas Copas seguintes foron na Europa. A decisión de designa-la sede de Francia fora outra grande polémica, xa que os países americanos desexaban un sistema rotativo de sedes. Ou sexa, unha edición na Europa e a seguinte na América do Sur. Como o de 1934 fora na Italia, a sede da edición de 1938 tería que ser teoricamente na América do Sur, o que de feito non ocorreu. Iso fixo que tanto o Uruguai e a Arxentina boicoteasen o torneo. Despois da segunda guerra mundial para evitar calquera tipo de boicot ou controversia a FIFA adoptou a rotación das sedes entre América e Europa, que foi usado ata o 1998. A edición de 2002, que tivo como sede tanto Xapón como Corea do Sur foi a primeira sede fora deses dous continentes. Xa a edición de 2010 será a primeira na África, en Suráfrica.
En 2003 foi decidido que no 2014 será na América Latina. Ningún país a non se-lo Brasil manifestou interese pola candidatura. O país, de feito, foi sinalado por moitos veciños continentais como a única opción viable para a sede do torneo no continente.
O sistema de elección da sede evolucionou ao longo dos tempos, sendo hoxe escollido polo comité executivo da FIFA, seis anos antes da Copa.
Cobertura dos medios de comunicación
editarA primeira Copa do mundo a ser televisada foi a edición de 1954. Hoxe o evento é a competición deportiva máis seguida en todo o mundo, pasando os Xogos Olímpicos. A audiencia total de 2002 foi estimada en 28.800 millóns de telespectadores, dos que 1.100 millóns presenciaron a final. O sorteo, que decidiu a distribución das seleccións nos grupos, foi visto por máis de 300 millóns de persoas. Cada Copa do mundo ten como símbolo unha mascota. Willie foi a primeira, en 1966. As mascotas de 2006 son Goleo, un león, e Pille, unha bola de fútbol.
Primeira participación
editarEn cada Copa do mundo polo menos unha selección participa na competición por primeira vez:
Mundiais
editarGoleadores
editarEn varias edicións
editarOs máximos goleadores das Copas do Mundo son:
Xogador | Selección | Goles |
---|---|---|
Miroslav Klose | Alemaña | 16 |
Ronaldo | Brasil | 15 |
Gerd Müller | Alemaña Federal | 14 |
Just Fontaine | Francia | 13 |
Pelé | Brasil | 12 |
Jürgen Klinsmann | Alemaña | 11 |
Sándor Kocsis | Hungría | 11 |
Gabriel Batistuta | Arxentina | 10 |
Teófilo Cubillas | Perú | 10 |
Gary Lineker | Inglaterra | 10 |
Grzegorz Lato | Polonia | 10 |
Helmut Rahn | Alemaña Federal | 10 |
Ademir (1) | Brasil | 9 |
Roberto Baggio | Italia | 9 |
Eusébio | Portugal | 9 |
Jairzinho | Brasil | 9 |
Paolo Rossi | Italia | 9 |
Karl-Heinz Rummenigge | Alemaña Federal | 9 |
Uwe Seeler | Alemaña Federal | 9 |
Vavá | Brasil | 9 |
Christian Vieri | Italia | 9 |
Diego Armando Maradona | Arxentina | 8 |
Guillermo Stábile | Arxentina | 8 |
Leônidas | Brasil | 8 |
Oscar Míguez | Uruguai | 8 |
Rivaldo | Brasil | 8 |
Rudi Völler | Alemaña Federal | 8 |
David Villa | España | 8 |
Jairzinho (Brasil) fixo goles en tódolos partidos que xogou a selección brasileira en México 1970.
Ghiggia (Uruguai) fixo goles en tódolos partidos que xogou a selección uruguaia no Brasil 1950.
Para esta lista téñense en conta tódolos goles convertidos polo xogador nas diferentes versións da Copa do mundo en que participase, o máximo goleador nun so mundial é o francés Just Fontaine ao anotar 13 goles en Suecia 1958.
O gol número dous mil na historia dos mundiais foi anotado polo sueco Marcus Allbäck durante a Copa do mundo de 2006, nun enfrontamento ante Inglaterra o día 20 de xuño.
Nunha soa edición
editarO premio Bota de Ouro Adidas entrégase dende 1982 ao máximo goleador de cada torneo. Os máximos goleadores de cada Copa do mundo dende 1930 aparecen na seguinte táboa, desde 1982, os gañadores reciben o trofeo da Bota de Ouro.
Táboa estatística de fases finais
editarA táboa estatística dos Mundiais de Fútbol presenta os datos das 75 seleccións nacionais de fútbol que participaron nas 18 Copas do mundo realizadas pola FIFA, entre 1930 e 2006.
Esta táboa ordena ás seleccións asignándolles unha posición xeral baseándose en tres criterios:
- Puntos obtidos. Outórganse 3 puntos por vitoria, 1 por empate e ningún por derrota. Este criterio é utilizado para tódolos partidos ao longo do torneo, a pesar de que foi establecido pola FIFA dende 1994.
- Maior diferenza de goles
- Maior cantidade de goles obtidos.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Equipo | PM | Resultados | Participación | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pts | PX | PG | PE | PP | Rnd | GF:GC | 30 | 34 | 38 | 50 | 54 | 58 | 62 | 66 | 70 | 74 | 78 | 82 | 86 | 90 | 94 | 98 | 02 | 06 | 10 | ||||
1º | Brasil | 18 | 206 | 92 | 64 | 14 | 14 | 75% | 201:84 | 6º | 14º | 3º | 2º | 6º | 11º | 4º | 3º | 5º | 5º | 9º | 2º | 5º | |||||||
2º | Alemaña[6] | 16 | 182 | 92 | 54 | 20 | 18 | 66% | 190:112 | 3º | 10º | 4º | 7º | 2º | 3º | 6º | 2º | 2º | 5º | 7º | 2º | 3º | 3º | ||||||
3º | Italia | 16 | 151 | 77 | 44 | 19 | 14 | 65% | 122:70 | 7º | 10º | 9º | 9º | 2º | 10º | 4º | 12º | 3º | 2º | 5º | 15º | ||||||||
4º | Arxentina | 14 | 112 | 65 | 33 | 13 | 19 | 57% | 113:73 | 2º | 9º | 13º | 10º | 5º | 8º | 11º | 2º | 10º | 6º | 18º | 6º | ||||||||
5º | Inglaterra | 12 | 93 | 55 | 25 | 18 | 12 | 56% | 74:47 | 8º | 7º | 11º | 8º | 7º | 6º | 8º | 4º | 9º | 6º | 7º | |||||||||
6º | Francia | 12 | 85 | 51 | 25 | 10 | 16 | 56% | 95:64 | 7º | 9º | 8º | 9º | 3º | 13º | 12º | 4º | 3º | 28º | 2º | |||||||||
7º | España | 12 | 78 | 49 | 22 | 12 | 15 | 53% | 80:57 | 5º | 4º | 12º | 10º | 10º | 12º | 7º | 10º | 8º | 17º | 5º | 9º | ||||||||
8º | Suecia | 11 | 61 | 46 | 16 | 13 | 17 | 44% | 74:69 | 8º | 4º | 3º | 2º | 9º | 6º | 13º | 21º | 3º | 13º | 14º | |||||||||
9º | Países Baixos | 8 | 58 | 36 | 16 | 10 | 10 | 54% | 59:38 | 9º | 14º | 2º | 2º | 15º | 7º | 4º | 11º | 2º | |||||||||||
10º | Rusia[7] | 9 | 57 | 37 | 17 | 6 | 14 | 51% | 64:44 | 6º | 6º | 4º | 5º | 7º | 10º | 17º | 18º | 22º | |||||||||||
11º | Serbia[8] | 10 | 56 | 40 | 16 | 8 | 16 | 47% | 62:55 | 4º | 5º | 8º | 8º | 4º | 7º | 16º | 5º | 10º | 32º | ||||||||||
12º | Uruguai | 10 | 55 | 40 | 15 | 10 | 15 | 46% | 65:57 | 4º | 13º | 7º | 4º | 13º | 16º | 16º | 26º | 4º | |||||||||||
13º | Polonia | 7 | 50 | 31 | 15 | 5 | 11 | 54% | 44:40 | 11º | 3º | 5º | 3º | 14º | 25º | 21º | |||||||||||||
14º | Hungría | 9 | 48 | 32 | 15 | 3 | 14 | 50% | 87:57 | 6º | 2º | 2º | 10º | 5º | 6º | 15º | 14º | 18º | |||||||||||
15º | México | 13 | 45 | 44 | 11 | 12 | 21 | 34% | 48:84 | 13º | 12º | 13º | 16º | 11º | 12º | 6º | 16º | 6º | 13º | 13º | 11º | 15º | |||||||
16º | República Checa[9] | 9 | 41 | 33 | 12 | 5 | 16 | 41% | 47:49 | 2º | 5º | 14º | 9º | 2º | 15º | 19º | 6º | 19º | |||||||||||
17º | Austria | 7 | 40 | 29 | 12 | 4 | 13 | 46% | 43:47 | 4º | 3º | 15º | 7º | 8º | 18º | 23º | |||||||||||||
18º | Bélxica | 11 | 39 | 36 | 10 | 9 | 17 | 36% | 46:63 | 11º | 15º | 13º | 12º | 10º | 10º | 4º | 11º | 11º | 19º | 14º | |||||||||
19º | Portugal | 4 | 34 | 19 | 11 | 1 | 7 | 60% | 32:21 | 3º | 17º | 21º | 4º | ||||||||||||||||
20º | Romanía | 7 | 29 | 21 | 8 | 5 | 8 | 46% | 30:33 | 8º | 12º | 9º | 10º | 12º | 6º | 11º | |||||||||||||
21º | Suíza | 8 | 28 | 26 | 8 | 4 | 14 | 36% | 37:51 | 7º | 6º | 6º | 5º | 16º | 16º | 15º | 10º | ||||||||||||
22º | Chile | 7 | 27 | 25 | 7 | 6 | 12 | 36% | 31:40 | 5º | 9º | 3º | 13º | 11º | 22º | 16º | |||||||||||||
23º | Paraguai | 7 | 25 | 22 | 6 | 7 | 9 | 38% | 27:36 | 9º | 11º | 12º | 13º | 14º | 16º | 18º | |||||||||||||
24º | Dinamarca | 3 | 23 | 13 | 7 | 2 | 4 | 59% | 24:18 | 9º | 8º | 10º | |||||||||||||||||
25º | Estados Unidos | 8 | 21 | 25 | 6 | 3 | 16 | 28% | 27:51 | 3º | 16º | 10º | 23º | 14º | 32º | 8º | 25º | ||||||||||||
26º | Croacia | 3 | 20 | 13 | 6 | 2 | 5 | 51% | 15:11 | 3º | 23º | 22º | |||||||||||||||||
27º | Escocia | 8 | 19 | 23 | 4 | 7 | 12 | 28% | 25:41 | 15º | 14º | 9º | 11º | 15º | 19º | 18º | 27º | ||||||||||||
28º | Corea do Sur | 7 | 19 | 24 | 4 | 7 | 13 | 26% | 22:53 | 16º | 20º | 22º | 20º | 30º | 4º | 17º | |||||||||||||
29º | Camerún | 4 | 17 | 14 | 4 | 5 | 5 | 40% | 13:24 | 17º | 7º | 22º | 25º | 20º | |||||||||||||||
30º | Bulgaria | 7 | 17 | 26 | 3 | 8 | 15 | 22% | 22:53 | 15º | 15º | 13º | 12º | 15º | 4º | 29º | |||||||||||||
31º | Turquía | 2 | 16 | 10 | 5 | 1 | 4 | 53% | 20:17 | 11º | 3º | ||||||||||||||||||
32º | Perú | 4 | 15 | 15 | 4 | 3 | 8 | 33% | 19:31 | 10º | 8º | 8º | 20º | ||||||||||||||||
33º | Irlanda | 3 | 14 | 13 | 2 | 8 | 3 | 36% | 10:10 | 8º | 16º | 12º | |||||||||||||||||
34º | Irlanda do Norte | 3 | 14 | 13 | 3 | 5 | 5 | 36% | 13:23 | 7º | 9º | 21º | |||||||||||||||||
35º | Nixeria | 3 | 13 | 11 | 4 | 1 | 6 | 39% | 14:16 | 9º | 12º | 27º | |||||||||||||||||
36º | Colombia | 4 | 11 | 13 | 3 | 2 | 8 | 28% | 14:23 | 14º | 14º | 19º | 21º | ||||||||||||||||
37º | Marrocos | 4 | 10 | 13 | 2 | 4 | 7 | 26% | 12:18 | 14º | 11º | 23º | 18º | ||||||||||||||||
38º | Costa Rica | 3 | 10 | 10 | 3 | 1 | 6 | 33% | 12:21 | 13º | 19º | 31º | |||||||||||||||||
39º | Noruega | 3 | 9 | 8 | 2 | 3 | 3 | 38% | 7:8 | 12º | 17º | 15º | |||||||||||||||||
39º | Ecuador | 2 | 9 | 7 | 3 | 0 | 4 | 43% | 7:8 | 24º | 12º | ||||||||||||||||||
41º | Senegal | 1 | 8 | 5 | 2 | 2 | 1 | 53% | 7:6 | 7º | |||||||||||||||||||
42º | Alemaña Oriental | 1 | 8 | 6 | 2 | 2 | 2 | 44% | 5:5 | 5º | |||||||||||||||||||
43º | Xapón | 3 | 8 | 10 | 2 | 2 | 6 | 27% | 8:14 | 31º | 9º | 29º | |||||||||||||||||
44º | Arabia Saudita | 4 | 8 | 13 | 2 | 2 | 9 | 21% | 9:32 | 12º | 28º | 32º | 28º | ||||||||||||||||
45º | Ucraína | 1 | 7 | 5 | 2 | 1 | 2 | 47% | 5:7 | 8º | |||||||||||||||||||
46º | Alxeria | 2 | 7 | 6 | 2 | 1 | 3 | 39% | 6:10 | 13º | 22º | ||||||||||||||||||
47º | Tunisia | 4 | 7 | 12 | 1 | 4 | 7 | 19% | 8:17 | 9º | 26º | 29º | 24º | ||||||||||||||||
48º | Australia | 3 | 7 | 10 | 1 | 4 | 5 | 23% | 7:16 | 14º | 16º | ||||||||||||||||||
49º | Gales | 1 | 6 | 5 | 1 | 3 | 1 | 40% | 4:4 | 5º | |||||||||||||||||||
50º | Ghana | 3 | 6 | 4 | 2 | 0 | 2 | 50% | 4:6 | 13º | |||||||||||||||||||
51º | Suráfrica | 2 | 6 | 6 | 1 | 3 | 2 | 33% | 8:11 | 24º | 17º | ||||||||||||||||||
52º | Irán | 3 | 5 | 9 | 1 | 2 | 6 | 19% | 6:18 | 14º | 20º | 26º | |||||||||||||||||
53º | Corea do Norte | 1 | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 33% | 5:9 | 8º | |||||||||||||||||||
54º | Cuba | 1 | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 44% | 5:12 | 7º | |||||||||||||||||||
55º | Costa do Marfil | 3 | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 33% | 5:6 | 20º | |||||||||||||||||||
56º | Xamaica | 1 | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 33% | 3:9 | 22º | |||||||||||||||||||
57º | Honduras | 1 | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 22% | 2:3 | 18º | |||||||||||||||||||
58º | Angola | 1 | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 22% | 1:2 | 23º | |||||||||||||||||||
59º | Israel | 1 | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 22% | 1:3 | 12º | |||||||||||||||||||
60º | Exipto | 2 | 2 | 4 | 0 | 2 | 2 | 17% | 3:6 | 13º | 20º | ||||||||||||||||||
61º | Kuwait | 1 | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 11% | 2:6 | 21º | |||||||||||||||||||
62º | Trindade e Tobago | 1 | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 11% | 0:4 | 27º | |||||||||||||||||||
63º | Bolivia | 3 | 1 | 6 | 0 | 1 | 5 | 6% | 1:20 | 12º | 13º | 21º | |||||||||||||||||
64º | Iraq | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 1:4 | 23º | |||||||||||||||||||
65º | Eslovenia | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 2:7 | 30º | |||||||||||||||||||
66º | Togo | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 1:6 | 30º | |||||||||||||||||||
67º | Canadá | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 0:5 | 24º | |||||||||||||||||||
68º | Indonesia[10] | 1 | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 | 0% | 0:6 | 15º | |||||||||||||||||||
69º | Emiratos Árabes | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 2:11 | 24º | |||||||||||||||||||
70º | China | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 0:9 | 31º | |||||||||||||||||||
71º | Nova Zelandia | 2 | 0 | 0 | 3 | 0 | 3 | 0% | 2:12 | 23º | |||||||||||||||||||
72º | Grecia | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 0:10 | 24º | |||||||||||||||||||
73º | Haití | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 2:14 | 15º | |||||||||||||||||||
74º | R.D. do Congo[11] | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 0% | 0:14 | 16º | |||||||||||||||||||
75º | O Salvador | 2 | 0 | 6 | 0 | 0 | 6 | 0% | 1:22 | 16º | 24º |
- Simboloxía
- PM: Participacións en Copas Mundiais
- PX: Partidos xogados
- PG: Partidos gañados
- PE: Partidos empatados
- PP: Partidos perdidos
- Rnd: Rendimento (porcentaxe de puntos obtidos do total dos disputados)
- GF: Goles a favor
- GC: Goles en contra
Xogadores galegos en fases finais
editarAs participacións de xogadores galegos en fases finais dos Mundiais de Fútbol resultan escasas e limítanse case exclusivamente ás participacións coa selección española de fútbol.
Chegaron a vestir a camisola española na Copa do Mundo un total de dez xogadores. A primeira destas participacións produciuse no Mundial de Italia de 1934 edición na que Chacho interveu nun encontro. Habería que agardar ata o Mundial de Chile de 1962 para encontrármonos con novas participacións galegas, sendo Luis Suárez titular en dous xogos e noutro Reija. Catro anos máis tarde, no Mundial de Inglaterra de 1966, produciuse a maior participación ata agora de xogadores galegos coa selección española, con cinco xogadores que participaron nun total de tres xogos. No primeiro deles participou Luis Suárez e Ufarte (nado en Pontevedra, mais viviu de novo no Brasil, país onde se iniciou no fútbol), no segundo repetiu Suárez xunto con Reija e Amancio e xa por fin, no terceiro dos encontros, repetiron Reija e Amancio, e uníuselles Marcelino.
Doce anos máis tarde, no Mundial da Arxentina de 1978, Miguel Ángel foi o porteiro titular de España. No Mundial de México de 1986 participou Tomás Reñones e en 1994 no Mundial dos Estados Unidos foi Xurxo Otero o que xogou coas cores españolas. No Mundial de Alemaña de 2006 Michel Salgado converteuse no décimo galego en participar como xogador nunha Copa do Mundo de fútbol coa selección española.
Ademais destes xogadores Acuña e Jiménez foran convocados para o Mundial do Brasil de 1950 e o de España de 1982 respectivamente, se ben ningún deles chegou a participar en ningún xogo.
A única participación dun galego nunha fase final do Mundial cunha selección que non fora a española é a de Ricardo Cabanas (galego de orixe mais de nacionalidade suíza), quen conseguiu chegar aos oitavos de final coa selección suíza no Mundial de Alemaña de 2006. De orixe galega, recoñecida en diversas entrevistas de prensa deportiva [12], Ricardo Rodríguez, participou na edición do Mundial do Brasil superando a súa selección a fase de grupos.
Como adestrador Luis Suárez dirixiu á selección española de fútbol no Mundial de Italia de 1990.
Notas
editar- ↑ fifa.com: 'bonde dos'Mascotes de la Copa Mundial de la FIFA Arquivado 19 de abril de 2013 en Wikiwix()
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Laurent Campistron, « Mascottes, un vrai « bide-parade » », France Football, nº 3347, 1 de xuño de 2010, p. 74 e 75
- ↑ as.com: Naranjito, la mascota que cumple 25 años (arquivo)
- ↑ fifa.com: Les "Spheriks™", mascottes officielles de la Coupe du Monde de la FIFA 2002[Ligazón morta] (arquivo)
- ↑ globoesporte.globo.com: Leopardo Zakumi é o mascote da Copa do Mundo de 2010 na África do Sul (arquivo)
- ↑ Inclúe as participacións da selección de Alemaña Federal
- ↑ Inclúe as participacións da selección da URSS
- ↑ Inclúe as participacións da selección de Iugoslavia e de Serbia e Montenegro
- ↑ Inclúe as participacións da selección de Checoslovaquia
- ↑ Inclúe as participacións da selección das Indias Orientais Holandesas
- ↑ Inclúe as participacións da selección de Zaire
- ↑ [1]
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Copa do Mundo de Fútbol |
- Sitio oficial da FIFA Arquivado 27 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)