Abrir o menú principal

Tomás Reñones

futbolista español

Tomás Reñones Crego, nado en Santiago de Compostela o 9 de agosto de 1960, foi un xogador de fútbol do Club Atlético de Madrid e da Selección española de fútbol.

Tomás Reñones
Información persoal
Nacemento 9 de agosto de 1960
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Altura 171 centímetros
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A súa demarcación no campo era a de lateral dereito ou central. Gañou unha liga (1996) e catro copas do Rei (1985, 1991, 1992 e 1996). Foi o capitán do Club Atlético de Madrid cando o equipo gañou o dobrete. Os seus derradeiros minutos como futbolista profesional foron o día 25 de maio de 1996, cando, a petición da bancada, e no derradeiro partido da Liga 95-96, perante o Albacete, saíu ao campo no minuto 80. Foi o cumio dunha gran carreira. Tamén participou no Mundial 86 de México coa Selección española. Destacaba pola súa dureza no campo e a súa correcta colocación na defensa.

Trala súa carreira futbolística recalou no concello de Marbella, sendo elixido concelleiro polo Grupo Independiente Liberal e tralas accións xudiciais contra o goberno da cidade por corrupción, ocupou o cargo de alcalde en funcións ata que unha xunta xestora se fixo cargo do concello. Foi detido pola policía española, a instancias do xulgado correspondente e dentro da operación Malaya, o martes 27 de xuño de 2006, por suposta participación na corrupción urbanística e inmobiliaria en Marbella.